As horas roubadas é unha obra ambientada na Galicia de 1979, anos antes da aprobación da Lei do divorcio. O tema desta obra é o amor, os segredos do pasado, e as diferentes historias de dúas familias que precisan cambiar.
Toda a historia comeza co vello Anselmo que morre cun papel na man que pon “Dime que me queres” e unha vella con perdas da memoria e acaba destapando unha pasional historia de amor entre Carme e Anselmo, que perdura no tempo. Agora dúas familias completamente distintas vanse unir por este segredo e moitas cousas van cambiar.
Nesta obra, a parte da principal, están ocultas outras historias de amor completamente diferentes. Nos fala de persoas que dominan a outras, coa escusa do amor, e persoas que se deixan ser dominadas sen ser conscientes e que cando se dan conta xa é tarde, ou historias onde a rutina mata ese amor que críamos que ía ser para sempre, como a de Antonio e Lola, que están á espera de que se aprobe a Lei do divorcio; tamén nos fala de adolescentes que descobren o amor, as traizóns e os desamores. Mediante todas estas relacións no medio da historia nos explica como era a sociedade e as novidades naquela época.
Os personaxes deste libro son totalmente diferentes entre si e cada quen vive o seu e afróntao como pode ou sabe, algúns de mellor maneira que outros. Todos os personaxes teñen unha historia propia e no tempo no que transcorre a historia todos se dan conta de que hai algúns aspectos da súa vida que non deberían permitir que fora así e queren cambialos, porque esta historia tamén nos explica que cando non facemos nada para cambiar as cousas algo que non esperamos pode facer que cambien completamente.
Esta novela tamén ten unha gran carga feminista e conta a independencia das mulleres e o difícil que era para moitas conseguilo, como no caso de Rosa que aínda que conseguira separarse de Damián, que a trataba case como escrava, non tería a onde ir porque non tiña nin casa nin traballo, estaba case obrigada a quedarse con el. No caso oposto estaba Lola unha muller independente e forte dende sempre, que o facía todo por si mesma. Nos conta o difícil que era para moitas saír deses estereotipos e prexuízos que quedaban da ditadura de Franco, e vivir a súa vida coa gran desigualdade que tiñan fronte aos homes.
A min este libro gustoume moito e enganchoume desde o primer momento. Pareceume moi interesante que dende a historia amorosa principal, a de Carme e Anselmo, houbera moitas más historias e tan diferente entre elas, ata triángulos amorosos como o que tiñan Ramóm, Roberto e Nuria. Sen dúbida recomendo este libro a todo aquel que lle gusten as novelas románticas, porque esta é a perfecta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario