luns, 1 de marzo de 2021

Fahrenheit de Ray Bradbury, recensión de Juanjo Vila Trinidad (4º ESO A)

Fahrenheit 451 é unha novela escrita por Ray Bradbury e publicada no ano 1953 onde son narrados os feitos que lle suceden a un home ordinario nun futuro antiutópico onde a ignorancia se estendeu masivamente por todo o mundo e o coñecemento e libertade de expresión están penados pola lei e polo goberno, e, por se fose pouco, a guerra está a piques de comezar.

O seu autor Ray Bradbury, de nacionalidade americana, naceu no ano 1920 e morreu o 2012, e durante toda a súa vida foi considerado un dos principais representantes do crecente xénero literario da ciencia ficción, sendo Crónicas Marcianas, O Son dun Trono e mesmo Fahrenheit 451 unhas das súas máis recoñecidas novelas desta índole.

Sobre a obra en cuestión, a historia comeza presentando a Guy Montag, un bombeiro coma calquera outro do seu tempo, que vive tranquilamente tres séculos por diante da nosa data actual, máis cunha diferenza: os bombeiros traballan para queimar e non para apagar o lume. De aí o nome do relato, xa que 451 é o número de graos fahrenheit que son necesarios para que arda o papel dun libro, prohibidos polo goberno nesta época futura. Así, Montag dedícase a queimar libros e a calquera forma de rebelión contra a lei coma bombeiro apreziando o lume coma a cousa máis fermosa que existe, coma unha forma eterna de liberarse dos problemas dun mesmo.

Mais Montag coñece unha noite a unha moza chamada Clarisse, considerada unha antisocial polos demais por atoparse dentro das dimensións do que nós chamariamos social, é dicir, intentando falar cos demais en vez de quedar calada por sempre, facendo preguntas e tendo curiosidade. É entonces cando Montag e Clarisse comezan a falar de vez en vez, mentres que o bombeiro vai descubrindo lentamente a situación na que se atopa o mundo e a súa falta personal de felicidade, grazas a que aprende a facerse preguntas a sí mesmo. Por isto, gradualmente Montag vai dándose conta de cousas que anteriormente lle causaban intraquilidade e da súa verdadeira impotancia, coma da ignorancia da súa muller, o malestar que lle provoca ser bombeiro e a gravidade deste traballo e de que a sociedade estase a matar a sí mesma física e mentalmente.

Pouco a pouco Montag dáse conta de que os bombeiros están a queimar a sabedoría do ser humano e incluso a seres humanos, que a xente despreocúpase pola súa vida ou por quen dirixe os países nos que viven e que se sente coma que non debe formar parte desa situación, asi que decide darse un descanso do seu abrasante traballo, e é durante este que comeza a ler.

Con anterioridade, Montag participara nun encargo no que el, o seu xefe Beatty e os seus demais compañeiros queimaran viva a unha anciá por negarse a abandonar a súa casa chea de libros, e desta biblioteca ilegal, o noso protagonista tomara certos libros para a súa consulta persoal sen que ninguén o soubese. Así pois, comezara a lelos na súa limitada privacidade no fogar descubrindo as ideas daqueles que viviran antes ca el e a fermosura do arte reflectida nas historias que contan as páxinas inertes dos infinitos libros. Mais durante este periodo de baixa laboral, o seu xefe vai visitalo dándolle a entender que Clarisse morrera (ou iso é o que Beatty supón) e, pensando que Montag está nunha época de reflexión sobre o seu traballo, explícalle sobre a orixe da distopía: no pasado, a xente non era feliz. Estaban sometidos á tristeza pola ofensa ou pola sensación de inferioridade. Así, foise eliminando calquera factor que fixese que alguén se puidese sentir inferior ou ofendido, e un dos máis problemáticos aspectos era a comunicación. Por iso, agora trátase de antisocial a quen fala porque podes semellar ter máis coñecementos e facer quedar como parvo a alguén, ou dicir algo que contrarie a calquera, e por esta misma razón quéimanse os libros. Ao ser unha gran fonte de desacordo, conter grandes cantidades de sabedoría ou se queira lembrar o traballo, considéranse un perigo para a felicidade.

Pero Montag no está de acordo con Beatty e continúa lendo, ata o punto de que a súa o esposa o sabe, e que contacta cun antigo doutor para que o axude agora que Clarisse non está, o profesor Faber. Este axuda ao desesperado bombeiro e coméntalle a súa historia, de como non foi o suficentemente valente para enfrontar a ignorancia, mais Montag acaba metendo a pata e a súa muller, Mildred, denúnciao ao corpo de bombeiros, para este enteirarse cando volve ao seu traballo e ser obrigado a queimar o fogar onde vivía. Entón, nun arrebato de furia, queima tamén a Beatty, e ao sabuxo metálico, o símbolo do medo de Montag, e o garda incansable do cuartel de bombeiros, sendo despois perseguido por un segundo sabuxo e logrando escapar cara as antigas vías do tren, lugar de estancia duns poucos intelectuais restantes, que memorizaran libros co obxectivo de preservalos.

Ao final, Montag marcha xunto con estes intelectuais ás cidades a intentar difundir os verdadeiros ideais da felicidade e a sabedoría do antigo ser humano, no momento de culminación da guerra.

Persoalmente, recomendaría este libro para calquera que queira desfrutar dunha boa velada lendo ciencia ficción ou que teña a intención de refelxionar un intre, xa que, ademais de contarnos unha gran historia ambientada no futuro, fainos pensar e dános un punto de vista diferente ao que temos do que é a felicidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Recensión sobre o filme Matria de Ana M. Polanco Ramos (1º Bach B)

E ste trimestre elixín ver a película Matria . Esta obra conta a vida de Ramona, unha muller á que lle suceden diferentes problemas ao longo...