domingo, 31 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020: HOMENAXE DE MATEO NEGREIRA RACEDO (4º ESO A)

LETRAS GALEGAS 2020: DEBUXO DE CARVALHO CALERO, María Rioboo Vidal (2º ESO E)

LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO, Javier Martín Santos (4º ESO C)

LETRAS GALEGAS 2020: CARLOS CABRERA MADURO (4º ESO C) RECITA MARIA SILÊNCIO DE CARVALHO CALERO

LETRAS GALEGAS 2020: Haiku e poema de Carlos Cabrera Maduro (4º ESO C)



  1. Os seus ollos son azuis coma a auga
  2. O pelo dourado como os raios do sol
  3. Cada vez que escoito a túa voz
  4. Soa como unha bonita canción
  5. Canción tan bonita que sacode o meu corazón.

LETRAS GALEGAS 2020: AITOR VIGO CRUZ (4º ESO C) HOMENAXEA A CARVALHO CALERO

LETRAS GALEGAS 2020: AINHOA MOSTEIRO LAGO RECITA A CARVALHO CALERO

LETRAS GALEGAS 2020: DEBUXOS de Helena Bermúdez Freire (1º ESO C)

sábado, 30 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020: CARICATURA DE CARVALHO CALERO,Uxía Mosconi Lew (4º ESO B)

LETRAS GALEGAS 2020: Helena Bermúdez Freire (1º ESO C)

LETRAS GALEGAS: NEREA LÓPEZ PICOS (4º ESO C) CANTA MATRIARCAS DE GUADI GALEGO

LITERATURA CONTEMPORÁNEA: AN ALFAYA, Nerea López Picos (4º ESO C)

LETRAS GALEGAS 2020: JAVIER RIVEIRO (4º ESO C) E CARVALHO CALERO

LETRAS GALEGAS 2020: CARLA GARCÍA SOTO RECITA MARIA SILÊNCIO DE CARVALHO CALERO

LETRAS GALEGAS 2020: CALIGRAMA DE CARVALHO CALERO, Jelissa Ortiz Santana (4º ESO B)

luns, 25 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020: RECOMENDACIÓNS DE NOA SANDE TRILLO (2º ESO B)

LETRAS GALEGAS 2020: RECOMENDACIÓNS DE LECTURA de Diana Rivera López (2º ESO B)

LETRAS GALEGAS 2020: Brais López Ferro (1º ESO C) entrevista a súa bisavoa Pilar

NARRATIVA CONTEMPORÁNEA: MONCHO VILAR LANDEIRA LE UN PEIXE NO PARQUÉ

María Fieira Muíño de 4º ESO B realizou un traballo sobre o escritor de Cerceda, Moncho Vilar Landeira, quen amabelmente accedeu a enviarlle este vídeo no que le un fragmento da súa última novela Un peixe no parqué desde o seu confinamento en Ordes.


LETRAS GALEGAS 2020: Ariadna Alcalde (4º ESO B) recita un poema de Carvalho Calero

NARRATIVA CONTEMPORÁNEA: MANUEL GAGO, Mateo Franco Tilve (4º ESO A)

LETRAS GALEGAS 2020: CALIGRAMA CARVALHO CALERO, Laura Sánchez Viqueira (4º ESO B)


LETRAS GALEGAS 2020: CARICATURA DE CARVALHO CALERO DE NOVO, Álex Seguí (2º ESO E)


LETRAS GALEGAS 2020: CARICATURA RICARDO CARVALHO CALERO, Nerea Xenevra Caridad Brión (1º ESO C)


LETRAS GALEGAS 2020: "Nunca digas nunca" de Adrián Parra Pérez (2º ESO B)


Nunca digas nunca,
nunca digas sempre,
nunca digas quérote,
se en verdade non o sentes

Meus ollos son negros,
os teus son café,
os meus quérente, os teus non o sei

No río hai peixes,
na beira caracois,
na túa boca e na miña,
espellos en bombóns

Meus olliños cos teus,
fórmanse catro espellos,
un amor cando se quere,
non importa que vivan lonxe

venres, 22 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020: Esquecémonos ás veces do que somos, Icía Díaz Kirk (4º ESO C)


Esquecémonos ás veces do que somos.

Vivimos rápido e fuxindo, buscando modos de escape dunha realidade composta por ficción.

Os meses vánsenos das mans e nós nin nos decatamos.

Xa pasamos a maior parte da nosa mocidade, uns anos os cales non voltarán e non poderemos facer outra cousa que laiarnos por non telos vivido.

Por non estar presentes no que de verdade importaba.

Algunhas das persoas que nos viron crecer, rir, chorar, que nos coidaron e nos converteron no que somos, quizais non estarán por moito tempo.

E mentres nós seguiremos na nube.

Seguiremos vivindo sen preguntarnos como queremos facelo, esperando atopar a felicidade tras cumprir os pasos dun guión que nós non escribimos.

Para vivir de verdade hai que lembrar e ter presente quen somos, e para isto ás veces necesitamos voltar a persoas, lugares, ou incluso linguas.

Ti e eu temos a sorte de ter unha que nos recorde de onde vimos e de a onde poderemos sempre regresar.

Oxalá viva por moitos anos e sirva como vehículo de volta para moitas xeracións e persoas esquecidas.

Agora é o noso momento, así que lembremos a sorte que temos e coidémola como o fixeron os que coidaron de nós.

LETRAS GALEGAS 2020: CARICATURA DE CARVALHO CALERO, Nerea Sánchez Viqueira (2º ESO E)

LETRAS GALEGAS 2020: Ana Mondelo Pena (2º ESO B) recita a Carvalho Calero

LETRAS GALEGAS 2020: HAIKU de Brian Veiga Bueno (4º ESO A)

ENTREVISTA A MONCHO VILAR LANDEIRA, María Fieira Muíño (4º ESO B)

Azul Morado Gris Gota Músicos Influencer Noir Neón Historia Instagram Conjunto de Remoe a lingua

ENTREVISTA A NACHO TAIBO, Candy Ladero Fernández-Tafall (4º ESO C)

Entrevista a Nacho Taibo Candy Ladero Fernández-Tafall de Remoe a lingua

LETRAS GALEGAS 2020: Óscar Juanatey (2º ESO B) recita un poema de Carvalho Calero

xoves, 21 de maio de 2020

ENTREVISTA A DARÍO XOHÁN CABANA, Aitor Vigo Cruz (4º ESO C)

ENTREVISTA A DARÍO XOHAN CABAN de Remoe a lingua

LETRAS GALEGAS 2020: Ariadna Jarazo canta Lela de Castelao

A alumna Ariadna Jarazo Vasquez de 4º ESO C fai a súa particular homenaxe ás Letras Galegas poñendo a súa bonita voz nesta versión da canción Lela que musica unha letra de Castelao da peza Os vellos non deben de namorarse.

"Un poema das Letras Galegas", Lucía Yu Lorenzo Castañeda (2º ESO E)


Un poema das Letras Galegas
é o que eu quero facer
moita alegría e poucas penas
a xente debería de ter.

O galego é unha lingua bonita
que moitos non saben amar
a xente que vive a vida
de verdade a saben falar.

Este ano é de Carvalho Calero,
un gran escritor,
que seguro, tiña moito saleiro.
a xente debería de ter.

O dezasete de maio,
celebramos este día tan especial
e aínda queimando o tallo,
o verán está a piques de chegar.

Lucía Yu



LETRAS GALEGAS 2020: CARICATURA DE CARVALHO CALERO, Olga Fernández Marta (4º ESO A)


martes, 19 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020: Andrea Ansede Varela recita un poema de Carvalho Calero

LETRAS GALEGAS 2020: CARICATURA DE RICARDO CARVALHO CALERO, Antía Conde Ferreiro (2º ESO B)

Versión dunha caricatura de Juan J. Veiga

Ricardo Carvalho Calero, Andrea Ansede Varela (4º ESO A)


A historia da literatura galega contemporánea estableceu o noso canón literario. Marabilloume a súa entrega a Galicia, xa que lle dedicou todo a traballar por esta terra, sendo o mellor polígrafo. 
O primeiro que me chamou a atención foi que o seu libro

Desde unha localización como era Ferrol tratou unha universalización da cultura galega, ademais de pertencer á Revista Nós e tamén pertenceu ao Partido Galeguista. A súa defensa do republicanismo fixo que na ditadura fora un dos primeiros perseguidos e un dos que buscaron calar, e impresionoume moito.

Outra faceta súa que me interesou foi que despois de ser inhabilitado como profesor, marchou a Lugo a dar conferencias e charlas nun colexio. 

A súa tentativa de escribir como se escribía en portugués, foi unha das cousas que me gustou e interesou máis del. Pareceume interesante a súa importancia na literatura galega xa que a súa obra foi moi importante. 

Interesoume que foi o primeiro catedrático da Universidade de Santiago, sendo como dicían unha persoa moi cercana e que mostraba o seu gran amor cara a lingua galega transmitindo isto ao seu alumnado.

Para el o galego non debía separarse do portugués, como estiveran antes xuntas, xa que ofrecía a posibilidade pola súa similitude de ser falada ou entendida ao redor do mundo. El defendía a utilización dunha mesma ortografía unificada pero que cada fala tivese as súas peculiaridades.

Parece interesante que o problema que el vía en Galicia era ser propiamente, el mesmo. Interesoume que como defensor da República co estalido da Guerra Civil e atopándose en Madrid,  se convertera en miliciano. Tamén que cando acabou a guerra fose encarcerado durante doce anos, aínda que cando levaba dous anos saíu do cárcere, pero sen poder exercer como profesor nin ningunha profesión. 

Mostra perfectamente nun dos seus poemas as consecuencias da Guerra Civil e das represalias. El defendía a utilización dunha mesma ortografía unificada pero que cada fala tivera as súas peculiaridades, esta idea foi moi destacada na súa vida.

DEBUXO DE MANEL CRÁNEO para Daniel Mourelle Saavedra (4º ESO A)

O alumno de 4º ESO A Daniel Mourelle Saavedra realizou un traballo sobre o debuxante coruñés Manel Cráneo que tivo a amabilidade de lle dedicar este debuxo de Lopo de Ferreiro, un dos protagonistas da banda deseñada O lobo de Moeche.



luns, 18 de maio de 2020

Lúa de Senegal ilustrado polo alumnado de 1º ESO C

Este libro é unha pequena homenaxe a todo o grupo de 1º ESO C que tan ben está traballando no confinamento nas súas casas e para compensar que un virus non nos deixou rematar de desfrutar da lectura deste fermoso libro nas nosas aulas do Monte das Moas. Con moito cariño xuntei todos os vosos traballos para crear este pequeno libro.

Poema "A fala" de Manuel María, Brenda Ramírez Vicente (4º ESO A)

Un dos poemas que máis me transmiten dende que coñecín a literatura galega e puiden profundizar máis nela foi o poema de "A fala", as sensacións que me transmite son de liberdade e de loita, de transmitir a raíz e o poder que ten a orixe, que aínda que se estea lonxe da patria, sempre estará algo, a fala.
  

O poder da fala, de transmitir, de cambiar, de sentir, o verso que sempre destaco e o de 

"O idioma é o tempo, 
É  a voz dos avós 
É ese breve ronsel 
Que deixaremos nós.

 E tamén o de: 
" O idioma é forza 
Que nos xuntos e sostén. 
Se perdemos a fala, 
Non seremos ninguén! 

Son dúas partes moi importantes que mostran como un pobo pode manterse firmes través do tempo e como co tempo pode fortalecerse, tanto como na lingua como na cultura, na música, na arte, que transmite e fai que o seu pobo se sinta orgulloso da súa cultura, orixe e idioma.

DOCUMENTAL SOBRE O AUTOR RICARDO CARVALHO CALERO

OBRA DE CARVALHO CALERO

BOOKTRAILER DE SCÓRPIO POEMAS DEL "Futuro Condicional" "Ferrol" "Esquecida vivía" "Se Ávalon e a ilha das maçãs" A MINHA EMBALA. MARÍA SILENCIO

LETRAS GALEGAS CARVALHO CALERO

CARVALHO CALERO

TELEXORNAL SOBRE CARVALHO CALERO

ARRAIANOS DE XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN

POEMAS DE XOHANA TORRES

"Nai" "Penélope" Videopoema homenaxe a Xohana Torres

POEMAS DE AVILÉS DE TARAMANCOS

POEMAS DE BERNARDINO GRAÑA

Poema "Volvín á terra pro perdín o amor"

POEMAS DE UXÍO NOVONEYRA

"Cousas do lobo" "Vietnam canto" "Poema" "Do Courel a Compostela" "Porta xorda" "Letanía de Galicia" Uxío Novoneyra fala de Os eidos Caligramas de Novoneyra

POEMAS MUSICADOS E VIDEOPOEMAS DE MANUEL MARÍA

MANUEL MARÍA "O CARRO" "O BANDO" "GALICIA" "A FALA" "TERRA CHÁ" "O ARCO DA VELLA" "VERBAS A UN IRMAO" "A CIDADE"

XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS

MANUEL MARÍA





UXÍO NOVONEYRA XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN AVILÉS DE TARAMANCOS BERNARDINO GRAÑA XOHANA TORRES

domingo, 17 de maio de 2020

DEBUXO DOS MAIOS, Alberto González Aller (1º ESO C)


A protesta do cacto, Alberto González Aller (1º ESO C)


Eu estaba en 5º de primaria nun día normal coma outro calquera. Estabamos en clase e todo ía ben, ata que o meu amigo Luis, un neno que segue no cole, tivo a idea de facer unha manifestación durante o recreo por un cacto que tiñamos na clase, xa que outra compañeira miña, Enara, non deixaba a ninguén o seu cacto e só podían tocalo as súas amigas. 
Cando soou a música para saír ao recreo fomos Luis, eu e outros nenos a protestar. Empezamos a protestar e ao principio ninguén nos facía caso ata que outros nenos e nenas se foron xuntando e conseguimos reunir a todo o colexio, menos os de Infantil e os de Sexto. Protestamos durante todo o recreo e os mestres non se daban conta, ata que un neno nos acusou e tiveron que chamarnos a atención e paramos. Os profes dicían que nos ían poñer un parte, pero nunca pasou.
Sen ningún tipo de dúbida esta foi unha das experiencias máis inolvidables da miña etapa no colexio.

sábado, 16 de maio de 2020

ENTREVISTA A FRAN GODÓN, Rebeca Vila Villar (4º ESO A)

DEBUXO DOS MAIOS de Irene Pais Tenreiro (1º ESO C)


Unha ferida no patio do Sal Lence, Irene Pais Tenreiro (1º ESO C)

O meu primeiro día en Infantil, Carla García Soto (1º ESO C)


Eu antes de ir ao colexio fun á gardaría e moitos dos meus compañeiros do colexio non foran a ningunha escola infantil. Entón todos os nenos estaban chorando e collendo os seus pais polas mans e intentando saír para fóra do colexio. Os pais estaban sufrindo por eles no primeiro día de infantil. Iso era unha toleira, entre os nenos rañando para escaparse, os pais cun río feito de bágoas na cara e as profesoras tirando dos nenos para despegalos dos pais.
Eu, ao ver todo o panorama, mirei con cara de preocupada a miña nai. Ela díxome que a miña cara era de “Porque todos están chorando?, eu tamén teño que facelo”

ÁRBORE DO MAIO de Noa Sande Trillo (2º ESO B)

OS MAIOS, Noa Sande Trillo (2º ESO B)

COPLAS DOS MAIOS, Candela González Portas (2º ESO E)



Os maios comezaron
e o inverno esgotamos.
As gargalladas e sorrisos
invadiron o noso fogaríño.

Os maios comezaron
as rúas pecharon.
Este ano tocan os maios na casa
e iso ten moita guasa

Unha actuación no colexio, Paula Rodeiro Iglesias (1º ESO C)

Unha anécdota divertida que recordo do colexio foi o último día de sexto, no que fixen cun grupo de amigos unha actuación na festa de final de curso.

Tocamos unha canción de Queen, e levabamos bastante tempo ensaiando. Para o día da actuación, acordamos que cada un tiña que traer un atril da súa casa para poder poñer as partituras. Ao chegar ao colexio, só eu tiña o atril, e como eramos seis persoas, tres apoiaron os seus papeis nunhas cadeiras e nós tivemos que coller pinzas para a roupa e estivemos media hora intentando poñer todas as partituras no atril.
Cando chegou o momento da actuación, estaba todo o colexio esperando, entón nós puxemos as cadeiras e o atril coas pinzas da roupa que tanto nos custara colocar e que tiña un aspecto bastante ridículo.
Cando empezamos a tocar, ninguén tiña espazo para moverse porque había que mirar do atril, que era moi pequeno, pero o que foi realmente gracioso foi que xusto cando empezamos a actuación, empezou a soprar o vento bastante forte.
As pinzas soltáronse e os papeis comezaron a voar polo patio. A actuación saíu bastante mal, pero pasámolo moi ben e despois rímonos moito.

COPLAS DOS MAIOS, Paula Rodeiro Iglesias (1º ESO C)


Chegan as flores
neste mes de maio.
E chegan as alegrías
e o sol a diario.
Vaise abril e chega maio.
Os paxaros cantan
e a xente ri
porque maio xa está aquí.
O mes de maio e
as súas marabillosas flores,
chegan para ofrecernos
todas as súas bonitas cores.

Lembranzas da escola, Ainhoa Otero López (1º ESO C)


O que eu máis boto de menos da miña escola son os meus profesores porque sempre o pasaba ben con eles/as e cos seus chistes, o seu sentido do humor, e a atención que nos prestaban a cada un. Era como se lle puideses contar todo o que che ocorreu porque sempre nos escoitaban. 
Tamén ansio as nosas antigas aulas, porque tiñan os nosos debuxos que xusto o ultimo día na escola a profe nos ensinou que os gardaba todos nunha carpeta (sobre todo o debuxo que ocupaba tres follas de Lucas) e os nosos casilleros, e isto é algo raro, pero o que máis me gusta das aulas son as columnas, aínda que non o pareza, porque son moi cómodas e están frías para apoiar a cabeza cando vés da clase de ximnasia. Pero tamén aos nenos pequenos que entraron o último ano que estivemos na escola, porque todos os luns tiñamos que ir facer actividades con eles despois do recreo.
Despois a comida do comedor é outra historia porque tiña un sabor horroroso,  excepto a pizza claro, pero as mulleres que a servían eran moi amables aínda que moitas veces tiñan que castigar a algún neno ou nena. Eu creo que era unha desas persoas que só a castigaban cando era colectivo o castigo porque era moi tímida e sempre estaba calada, sempre que niguén me fixera unha pregunta ou iniciaramos una conversa.

Helena Bermúdez Freire fala do Club de Lectura do Anxo da Garda (1º ESO C)


O ano pasado ía no colexio Anxo da Garda e formaba arte dun club, o Club de lectura. Estar no club de lectura, era moi divertido.

A miña parte favorita era cando faciamos grupos pequenos, elixiamos un libro e o escenificabamos.
Ao acabar de facer o decorado e ensaiar os diálogos, tocaba ensinalo en público.

Non só actuabamos para o alumnado do colexio, senón que iamos a máis sitios, como, por exemplo, o centro de día de Eirís ou a escola infantil Carricanta.

A mín encantábame ir a Carricanta, porque pasabamos de aula en aula e aos nenos pequenos encantáballes vernos.

Tamén me gustaba ir ao centro de día, dado que cando estabamos actuando viamos a xente maior sorrir e pasalo moi ben. Ademais, despois de actuar todos os grupos, quedabamos un anaco cos señores maiores.

¡Que tempos aqueles!

venres, 15 de maio de 2020

Literatura galega de posguerra, Lydia Sandá Celeiro (4º ESO A)


O que máis me chamou a atención deste período literario da posguerra e da Nova Narrativa galega, foron as novidades que estes autores achegaron á literatura galega, elaborando unha narrativa moito máis realista e crítica, sobre todo cara a situación de Galicia naquela época. Entre as novidades que máis destacan para min está a presenza deses personaxes anónimos, desorientados, e que en moitos casos sofren de loucura ou delirio. Tamén o uso do mundo do subconsciente, dos soños e pesadelos, así como o predominio dos monólogos internos, onde se reproducen os pensamentos dos personaxes tal e como flúen da conciencia.
Os autores que me gustaron máis foron Xosé Neira Vilas, pola súa forma de falar da Galicia da época desde un punto de vista moi diferente ao de épocas anteriores, tratando os temas da emigración, da opresión e os prexuízos sobre todo no mundo rural... Tamén me pareceu moi interesante María Xosé Queizán, pola súa implicación no movemento feminista, moi reprimido na época, e pola súa loita por sacar á luz a escritura feminista.
Penso que non lin ningunha obra completa deste período literario, aínda que si coñecía algunhas como Memorias dun neno labrego ou A orella no buraco, pois estes dous autores, Xosé Neira Vilas e María Xosé Queizán, ademais de Carlos Casares, son os únicos aos que coñecía desta etapa.

O poema que máis me gustou destes autores foi Deitado frente ao mar, de Celso Emilio Ferreiro, porque fala da necesidade e do gusto que é falar galego, de que el fala esta lingua porque quere e porque lle gusta. Di que hai xente que esquece a súa terra e a súa lingua porque pretende ser máis, pero que está perdendo así a súa orixe e afastándose dos seus devanceiros.



Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.

A miña estrofa favorita do poema é esta, porque expresa o bonito que é facer as cousas porque ti queres sen importar o que pensen os demais, sen ter en conta o “que dirán”. Gústame a forma en que expresa o importante que é o apoio dos que realmente te queren por como es e non por como aparentas ser, e dos que te respectan.
Ademais o poema en xeral encántame porque me fai sentir galega e orgullosa de selo, feliz por falar galego porque quero e porque é a miña lingua, e así demostra que non hai que avergoñarse diso nin sentirse inferior a ninguén, xa que estas son as nosas raíces e é o que temos que defender.

COPLAS DOS MAIOS, Brais López Ferro (1º ESO C)


               Os rapaces do Monte das Moas,
               O maio celebramos,
               E con ilusión,
               cantamos unha canción


               Xa chegou o Maio,
               Florido e colorido,
               Xa chegou o Maio,
               E eu estaba durmido.

     
               Maio compañeiro,
               Estrañábate moito,
               As túas cores
               E as túas flores

María Mariño, Sara Sanz Fonta (4º ESO A)



O período de literatura galega de posguerra paréceme un período moi interesante xa que se producen grandes innovacións na escrita que rompen cos marcos tradicionais, como son, por exemplo,  o uso de avances e retrocesos no tempo en lugar de seguir unha estrutura lineal e concreta; e outras técnicas novas como o monólogo interior. Ademais algo que me chama a atención especialmente é a inclusión do mundo do subconsciente e da psicanálise nas obras, xa que é un tema que me gusta e que me parece importante incluír nunha novela ou nun escrito para achegarlle verosimilitude e profundidade aos personaxes. 

Con respecto á narrativa paréceme interesante a autora María Xosé Queizán xa que foi unha firme defensora do feminismo e gustaríame ler algunha das súas obras. Por outra parte, respecto á poesía, gústame en particular Celso Emilio Ferreiro e o seu poema Longa noite de pedra xa que é capaz de expresar a agonía do seu encerro á perfección.

De todas as obras que lin gustoume especialmente o poema de María Mariño chamado Verba que comeza. Neste poema a autora cóntanos como expresa os seus sentimentos e desata as súas emocións mentres escribe nunha folla de papel á que se refire como “papel trillado” numerosas veces durante o poema. A miña parte favorita é a seguinte:

Papel branco,
trillado,
papel,
berra,
berra entre os fortes,
desde onde as miñas verbas che magoan.

Paréceme un fragmento moi suxerente que, con relación ao resto do poema, interpreto da seguinte maneira: Creo que o que a autora está a facer neste poema é falar de si mesma, definirse, e intentar atopar quen é a través das palabras. Na miña opinión é moi importante dedicarnos tempo a nós mesmos, a comprendernos e a aceptarnos, pero tamén a admitir os nosos erros e aprender deles aínda que moitas veces magoen. Nunca é fácil mirar cara un mesmo e atoparse de fronte coa realidade simple e sen adornos, coas nosas debilidades e cos nosos medos ou imperfeccións, pero é imprescindible saber quen somos e a escritura creo que é un bo método para descubrilo. Comparto a idea que a autora expresa non só neste fragmento, se non en todo o poema, moitas veces as verbas magóannos porque falan de partes de nós mesmos que descoñecíamos ou que simplemente non nos gustan, pero é de vital importancia comprender e aprender delas para poder crecer no respecto cara nós mesmos e cara os demais.

xoves, 14 de maio de 2020

Breve análise de Penélope de Xosé María Díaz Castro e de Celso Emilio, Alejandra Blas Menéndez (4º ESO A)


O poema que me resultou máis suxerente foi "Penélope", de Xosé Mª Díaz Castro. Pode que fose polo feito de que este poema o representamos xuntos no meu colexio en primaria. Foi no 2014, cando lle dedicaron as Letras Galegas e tráeme moi bos recordos. O poema en si gústame moito porque me transmite sensacións que eu relaciono con Galicia, entre elas, cariño. Fala da chuva, do campo, dos bois... E fala da esperanza de que volvan aqueles que marcharon así como recuperar paso a paso a nosa terra. Polo menos así o interpreto eu, con certa melancolía e esperanza.

Gustariáme comentar un verso dun poema de Celso Emilio.

Eu fáloa porque si, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingua.

Este verso transmíteme moitas sensacións coas que me identifico. A necesidade que perseguir aquilo no que cres sen necesidade de buscar nin dar explicacións. A necesidade da cercanía dos teus, dos que entenden e respectan quen es. Buscar ter algo que dicir para que quen o merece o escoite e se sinta identificado con quen realmente é. Esta é unha sensación á que o home aspira constantemente e as veces é tan complicada de alcanzar como a mesma felicidade.

Alejandra Blas Menéndez 4ºA

Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro, similitudes coa situación actual, Claudia Vidal Otero (4º ESO B)

Cela do Mosteiro de Celanova onde estivo preso Celso Emilio
Un poema que me gustou moito foi o de Celso Emilio, “Longa noite de pedra”, e o meu fragmento preferido foi:

O corazón dos homes que ao lonxe espreitan, feitos están tamén de pedra.

Este poema chamoume moito a atención, porque sinto as verbas do autor coma as miñas, a monotonía do que nos rodea, que o autor simboliza coa pedra, coa prisión, a realidade dura e inquebrantable coma a pedra mesma.

O feito de estar pechados nun espazo (xa sexa físico, coma as nosas casas na corentena, ou psicolóxico, coma o sinto eu ás veces) e estar sometidos ao poder dos nosos pensamentos e condenados a ver como a xente vai perdendo a súa humanidade a medida que a vida transcorre.

Este poema, sendo máis ben sinxelo é capaz de transmitir moitas sensacións que son aínda máis relatables neste período das nosas vidas, e é por iso que o elixín.

COPLAS DOS MAIOS, María Rioboo Vidal (2º ESO E)


Acabou abril
entramos en maio
deixémolo ir
só caían raios.

Só caían raios
na miña Galicia
chegaron os Maios
con moita ledicia.

Con moita ledicia,
xa case rematamos
temos unha mala noticia
xa non viaxamos.

Xa non viaxamos
estamos en risco
agora só durmimos
comeremos un trisco.

Comeremos un trisco
mentres nos despedimos
cultivando un penisco
sempre nos rimos.

mércores, 13 de maio de 2020

Unha experiencia que nunca esquecerei no colexio, Nerea Xenevra Caridad Brión (1º ESO C)


Unha experiencia que nunca esquecerei do meu colexio é cando en 3º e 4º curso fixemos un mercado. Para o mercado fixemos teares, coxíns, xabóns, portalapis, cactus (falsos) marcapáxinas e máis cousas (entre os dous mercados e cursos). 

Antes de comezar o mercado, tivemos que elixir un/unha presidente/a, secretario/a e tesoureiro/a, eu por medio dunha votación, cheguei a ser vicesecretaria, no primeiro mercado. Os dous mercados que fixemos nestes cursos foron sempre no Obelisco. Todos ao longo dos mercados fomos cambiando o que faciamos: uns repartían folletos (a min era o que máis me gustaba facer, a verdade), uns estaban ao cargo de vender os produtos e outros paseando e ollando os demais postos (doutros nenos). 

Despois do primeiro mercado (3º curso), fixemos unha excursión á Casa do Mel, e estivo moi interesante e entretida, no segundo mercado tamén fixemos unha excursión, pero esta vez vimos unha película (vamos, fomos a un cine).

Desta experiencia gardo dous recordos: un é un tear (agora un pouco enrugado e feo), e o outro é unha funda de coxín debuxada por min.



COPLAS DOS MAIOS, Lucía Gómez Varela (2º ESO E)


Chegaron Os maios 
imos celebralos 
coas nosas coplas 
imos ir queixarnos,

Imos ir queixarnos 
destas inxustizas 
que non comprendemos 
na nosa Galicia,

Na nosa Galicia 
xa non comprendemos 
esta  violencia 
non toleraremos,

Non toleraremos 
que nos traten mal, 
que nos fagan dano 
e non deixen falar

E non deixen falar 
esta a nosa lingua, 
nós somos galegos, 
non nolo restrinxan,

Non nolo restrinxan, 
porque xa nos imos 
protexe a túa patria, 
moitos agarimos!


LÉXICO DO CARRO EM PORTUGUÊS. TURMA DE 4º ESO

  Daniela Naya Torreiro (4º ESO C) Lucía Varela Janeiro (4º ESO B) Ainhoa Varela Gómez (4º ESO B)