luns, 11 de maio de 2020

Reflexións sobre a literatura galega de posguerra, Olga Fernández Marta (4º ESO A)


O que máis me chamou a atención da narrativa da posguerra e da Nova Narrativa Galega foron as novidades que achegaron. A presenza de personaxes anónimos, o mundo do subconsciente, a ruptura da linearidade temporal… parécenme moi interesantes. É como se os autores quixeran expresar o caótico e o sen sentido.

Eu creo que non lin ningunha obra completa deste período xa que os únicos autores que xa coñecía son Celso Emilio Ferreiro e Xosé Neira Vilas, e aínda así non lin ningunha obra completa deles. A única obra que coñezo aínda que non a lera é Memorias dun neno labrego porque é unha das obras máis coñecidas da literatura galega. 

Os autores que máis interesantes me parecen son María Xosé Queizan, xa que o seu propósito de sacar da escuridade a escrita feminina paréceme moi importante e Xosé Luís Méndez Ferrín, porque me chamou a atención que fora presidente da Real Academia Galega e que fora proposto ao Nobel da literatura en varias ocasións. Ademais, unha das súas obras é Arnoia, Arnoia e faime gracia xa que parte da miña familia vive en Arnoia, Ourense e paréceme gracioso o feito de que escriba sobre Arnoia Nmógadah, un dos príncipes Segredos das terras de Arnoia.

O poema que me resultou máis entretido foi Deitado frente ao mar de Celso Emilio Ferreiro porque me parece un poema precioso cun significado que resume como é percibido o galego en Galicia hai bastantes anos, e en moitos aspectos, agora. 

Celso Emilio fala de que moitas persoas esquecen a súa lingua e a súa terra por aparentar ser máis. Un non debe de deixar de falar galego porque as altas esferas o xulguen, xa que nesas altas esferas non está a túa familia e os teus antepasados. 

Encántame este poema porque faime sentir fachendosa da miña terra e do galego Ademais paréceme unha forma moi bonita de explicar por qué temos que falar galego. Temos que falalo porque queremos e podemos e porque é a nosa lingua e a que fala a familia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

VOCABULÁRIO DAS PROFISSÕES EM PORTUGUÊS

A turma de Português 1º ESO elaborou estes cartazes com o léxico das profissões em português.