martes, 12 de maio de 2020

COPLAS DOS MAIOS de Greta González Mancebo (2º ESO E)


Xa chegou o maio
xa chegou o día
e vimos cantando
con moita alegría.

Con moita alegría
con moita frescura
cantamos o maio
fóra a amargura.

Fóra a amargura
xa é primavera
dádenos as grazas
xa estamos de festa.

Xa estamos de festa
imos polas rúas
amosando o maio
ata saír a lúa.

Ata saír a lúa
seguimos cantando
e despois dun chisco
imos rematando.

Imos rematando
moi devagariño
recollemos todo
xunto ao río Miño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario