martes, 12 de maio de 2020

COPLAS DOS MAIOS: "Maio 2020", Alma Qing Ramas Corrales (2º ESO B)


Este 2020
nas casas estamos,
traballando sen parar
ata o novo ano.

Ata o novo ano
non sairemos nada
xa que a pandemia
nos mantén na casa.


Mantennos na casa
aburridos e moi cansos
de tanto traballo;
estamos esgotados!


Estamos esgotados
queremos un descanso,
paren os deberes
que van aumentando.

Que van aumentando
os casos de contaxios
do coronavirus,
estamos empeorando.


Estamos empeorando;
que isto pare xa!
Queremos que regrese
a nosa vida, vai!


A nosa vida, vai!
E isto rematará;
con máscaras e luvas
cada día no verán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Recensión sobre o filme Matria de Ana M. Polanco Ramos (1º Bach B)

E ste trimestre elixín ver a película Matria . Esta obra conta a vida de Ramona, unha muller á que lle suceden diferentes problemas ao longo...