![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjUiQyremRlE5k80QZ6cOE6CjQPzRWAER5clq7pkbQtd6A3aYq2TeSqtgz4eckQQVL-esYdTSULbNRtkNdrDzfwY8iyLe4lodYJRDjPnMqJ_H97jBsFxs9xGdARZ8fd3PNUi9Y6PGjevCfj/s320/maios+maria.jpg)
e a primavera
con moito medo
este ano soa
Este ano soa
non vexo as flores
nin as miñas amigas
só vexo as cores
Só vexo as cores
polas grandes fiestras
das pequenas árbores
por seguir as normas
Por seguir as normas
publicadas no BOE
da desescalada
eu vou cos maiores
Eu vou cos maiores
só son unha nena
pero teño xa catorce
oxalá remate esta corentena
Agora xa me despido
axiña nos vemos
farei moito ruído
e xuntos brincaremos
Ningún comentario:
Publicar un comentario