O que eu máis boto
de menos da miña escola son os meus profesores porque sempre o
pasaba ben con eles/as e cos seus chistes, o seu sentido do humor, e a
atención que nos prestaban a cada un. Era como se lle puideses
contar todo o que che ocorreu porque sempre nos escoitaban.
Tamén
ansio as nosas antigas aulas, porque tiñan os nosos debuxos que xusto o ultimo día na escola a profe nos ensinou que os gardaba todos
nunha carpeta (sobre todo o debuxo que ocupaba tres follas de Lucas) e
os nosos casilleros, e isto é algo raro, pero o que máis me gusta das
aulas son as columnas, aínda que non o pareza, porque son moi cómodas e
están frías para apoiar a cabeza cando vés da clase de ximnasia.
Pero tamén aos nenos pequenos que entraron o último ano que
estivemos na escola, porque todos os luns tiñamos que ir facer
actividades con eles despois do recreo.
Despois a comida do comedor é outra historia porque tiña un
sabor horroroso, excepto a pizza claro, pero as mulleres que a
servían eran moi amables aínda que moitas veces tiñan que castigar
a algún neno ou nena. Eu creo que era unha desas persoas que só a
castigaban cando era colectivo o castigo porque era moi tímida e
sempre estaba calada, sempre que niguén me fixera unha pregunta ou
iniciaramos una conversa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario