O
poema que me resultou máis suxerente foi "Penélope", de
Xosé Mª Díaz Castro. Pode que fose polo feito de que este poema o
representamos xuntos no meu colexio en primaria. Foi no 2014, cando
lle dedicaron as Letras Galegas e tráeme moi
bos recordos. O poema en si gústame moito porque me transmite
sensacións que eu relaciono con Galicia, entre
elas, cariño. Fala da chuva, do campo, dos bois... E fala da
esperanza de que volvan aqueles que marcharon así como recuperar
paso a paso a nosa terra. Polo menos así o interpreto eu, con certa
melancolía e esperanza.
Gustariáme
comentar un verso dun poema de Celso Emilio.
Eu
fáloa porque si, porque me gosta
e
quero estar cos meus, coa xente miña,
perto
dos homes bos que sofren longo
unha
historia contada noutra lingua.
Este
verso transmíteme moitas sensacións coas que me identifico. A
necesidade que perseguir aquilo no que cres sen necesidade de buscar
nin dar explicacións. A necesidade da cercanía dos teus, dos que entenden e respectan quen
es. Buscar ter algo que dicir para que quen o merece o
escoite e se sinta identificado con quen realmente é. Esta é unha
sensación á que o home aspira constantemente e as veces
é tan complicada de alcanzar como a mesma felicidade.
Alejandra
Blas Menéndez 4ºA
Ningún comentario:
Publicar un comentario