sábado, 16 de maio de 2020

Unha actuación no colexio, Paula Rodeiro Iglesias (1º ESO C)

Unha anécdota divertida que recordo do colexio foi o último día de sexto, no que fixen cun grupo de amigos unha actuación na festa de final de curso.

Tocamos unha canción de Queen, e levabamos bastante tempo ensaiando. Para o día da actuación, acordamos que cada un tiña que traer un atril da súa casa para poder poñer as partituras. Ao chegar ao colexio, só eu tiña o atril, e como eramos seis persoas, tres apoiaron os seus papeis nunhas cadeiras e nós tivemos que coller pinzas para a roupa e estivemos media hora intentando poñer todas as partituras no atril.
Cando chegou o momento da actuación, estaba todo o colexio esperando, entón nós puxemos as cadeiras e o atril coas pinzas da roupa que tanto nos custara colocar e que tiña un aspecto bastante ridículo.
Cando empezamos a tocar, ninguén tiña espazo para moverse porque había que mirar do atril, que era moi pequeno, pero o que foi realmente gracioso foi que xusto cando empezamos a actuación, empezou a soprar o vento bastante forte.
As pinzas soltáronse e os papeis comezaron a voar polo patio. A actuación saíu bastante mal, pero pasámolo moi ben e despois rímonos moito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario