É
unha festa galega celebrada en Ourense e forma parte do ciclo de maio.
Durante a festa realízanse representacións, bailes e cancións ao
redor dos maios, estruturas tradicionalmente inspiradas nas figuras
das árbores pero que hoxe adoptan formas máis variadas, con adornos
de flores, follas e froitos.-
Cando se celebra?
Celébrase
entre finais de abril e principios de maio, aínda que o ciclo
transcorre ata o comezo do verán na noite de San Xoán. Na maioría
das vilas celébrase o 1 de maio, aínda que en Ourense celébranse o
día 3, o día da Santa Cruz.
-
Que é un maio?
Consiste
nun esqueleto de paus ou táboas de forma piramidal, recuberto de
tea que logo se cobre de musgo ou herba. A estrutura constrúese
sobre unha plataforma que permite transportar o maio polas rúas.
Sobre esta estrutura debúxanse diferentes motivos con flores,
follas, fiúncho, fieitos, buganvilla, froitas ou incluso ovos,
como materiais máis comúns. A cima está rematada cunha cruz.
Hoxe, tamén se constrúen maios coas figuras máis variadas: pontes,
hórreos, cruceiros, casas, animais, figuras humanas, etc…
-
Como se celebra?
-Na
zona de Laza ou Entrimo, os mozos cortan unha árbore, a máis grande
que poden, e plántana no medio da praza principal para adornala
despois con lanternas. Esta celebración é coñecida como "Festa
da árbore de maio".
-Tamén
existe o costume de colocar pólas nas portas da casa e na corte, nas
fiestras, coches, granxas e barcos, etc.., pola tarde- noite do último
día de abril, para que o mes de maio protexa a casa, as persoas que
viven nela e as súas propiedades.
-Acompañando os maios, hai grupos de persoas, rapazas ou mozos a miúdo
disfrazados -que tamén se chaman maias e maios- adornados con follas
ou pólas e cunha coroa de flores, que bailan e cantan cancións
populares ou "cantigas".

Ningún comentario:
Publicar un comentario