Esquecémonos ás veces
do que somos.
Vivimos rápido e
fuxindo, buscando modos de escape dunha realidade composta por
ficción.
Os meses vánsenos das
mans e nós nin nos decatamos.
Xa pasamos a maior
parte da nosa mocidade, uns anos os cales non voltarán e non
poderemos facer outra cousa que laiarnos por non telos vivido.
Por non estar presentes
no que de verdade importaba.
Algunhas das persoas
que nos viron crecer, rir, chorar, que nos coidaron e nos converteron
no que somos, quizais non estarán por moito tempo.
E mentres nós
seguiremos na nube.
Seguiremos vivindo sen
preguntarnos como queremos facelo, esperando atopar a felicidade
tras cumprir os pasos dun guión que nós non escribimos.
Para vivir de verdade
hai que lembrar e ter presente quen somos, e para isto ás veces
necesitamos voltar a persoas, lugares, ou incluso linguas.
Ti e eu temos a sorte
de ter unha que nos recorde de onde vimos e de a onde poderemos
sempre regresar.
Oxalá viva por moitos
anos e sirva como vehículo de volta para moitas xeracións e persoas
esquecidas.
Agora é o noso
momento, así que lembremos a sorte que temos e coidémola como o
fixeron os que coidaron de nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario