Isto dáse porque ambas as linguas teñen unha orixe común, é dicir, proveñen do mesmo idioma
nacido no século XI e chamado: galego-portugués; que ademais, ten
tradición literaria desde o medievo.
Segundo o meu punto de vista, o
entendemento entre os falantes de ambas terras, non depende tanto do
idioma no que estean a falar, senón, na zona na que estean. Falando
desde a miña experiencia persoal, eu, que viaxaba en coche desde A
Coruña ata Monção, que é un municipio xusto na fronteira de Galiza
con Portugal, entendía perfectamente os portugueses na feria, nos
restaurantes, na rúa… A pesar de todos os galegos que había.
Aínda así, cando baixei ata Porto, non comprendía coa mesma
facilidade a poboación portuguesa. O punto ó que quero chegar, é
que non creo que os galemos puidésemos ser trilingües a pesar de ter
esta cercanía co portugués, pero si ter ese entendimento cos nosos
veciños, combinando as dúas linguas para pedir un café ou sinalar
onde está o posto das toallas na feria.
Ó final, a pesar do esforzo
que fan os que gobernan as nosas terras de establecer fronteiras, non
conseguirán borrar a cultura que algún día tivemos cos nosos
compañeiros do sur e con todos os que comparten a súa lingua
arredor do mundo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario