venres, 15 de maio de 2020

María Mariño, Sara Sanz Fonta (4º ESO A)



O período de literatura galega de posguerra paréceme un período moi interesante xa que se producen grandes innovacións na escrita que rompen cos marcos tradicionais, como son, por exemplo,  o uso de avances e retrocesos no tempo en lugar de seguir unha estrutura lineal e concreta; e outras técnicas novas como o monólogo interior. Ademais algo que me chama a atención especialmente é a inclusión do mundo do subconsciente e da psicanálise nas obras, xa que é un tema que me gusta e que me parece importante incluír nunha novela ou nun escrito para achegarlle verosimilitude e profundidade aos personaxes. 

Con respecto á narrativa paréceme interesante a autora María Xosé Queizán xa que foi unha firme defensora do feminismo e gustaríame ler algunha das súas obras. Por outra parte, respecto á poesía, gústame en particular Celso Emilio Ferreiro e o seu poema Longa noite de pedra xa que é capaz de expresar a agonía do seu encerro á perfección.

De todas as obras que lin gustoume especialmente o poema de María Mariño chamado Verba que comeza. Neste poema a autora cóntanos como expresa os seus sentimentos e desata as súas emocións mentres escribe nunha folla de papel á que se refire como “papel trillado” numerosas veces durante o poema. A miña parte favorita é a seguinte:

Papel branco,
trillado,
papel,
berra,
berra entre os fortes,
desde onde as miñas verbas che magoan.

Paréceme un fragmento moi suxerente que, con relación ao resto do poema, interpreto da seguinte maneira: Creo que o que a autora está a facer neste poema é falar de si mesma, definirse, e intentar atopar quen é a través das palabras. Na miña opinión é moi importante dedicarnos tempo a nós mesmos, a comprendernos e a aceptarnos, pero tamén a admitir os nosos erros e aprender deles aínda que moitas veces magoen. Nunca é fácil mirar cara un mesmo e atoparse de fronte coa realidade simple e sen adornos, coas nosas debilidades e cos nosos medos ou imperfeccións, pero é imprescindible saber quen somos e a escritura creo que é un bo método para descubrilo. Comparto a idea que a autora expresa non só neste fragmento, se non en todo o poema, moitas veces as verbas magóannos porque falan de partes de nós mesmos que descoñecíamos ou que simplemente non nos gustan, pero é de vital importancia comprender e aprender delas para poder crecer no respecto cara nós mesmos e cara os demais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

VOCABULÁRIO DAS PROFISSÕES EM PORTUGUÊS

A turma de Português 1º ESO elaborou estes cartazes com o léxico das profissões em português.