Unha experiencia que nunca
esquecerei do meu colexio é cando en 3º e 4º curso fixemos un
mercado. Para o mercado fixemos teares, coxíns, xabóns,
portalapis, cactus (falsos) marcapáxinas e máis cousas (entre os
dous mercados e cursos).
Antes de comezar o mercado, tivemos
que elixir un/unha presidente/a, secretario/a e tesoureiro/a, eu por
medio dunha votación, cheguei a ser vicesecretaria, no primeiro mercado. Os dous mercados que fixemos nestes cursos foron
sempre no Obelisco. Todos ao longo dos mercados fomos cambiando
o que faciamos: uns repartían folletos (a min era o que máis me
gustaba facer, a verdade), uns estaban
ao cargo de vender os produtos e outros paseando e ollando os demais
postos (doutros nenos).
Despois do primeiro mercado (3º curso),
fixemos unha excursión á Casa do Mel, e estivo moi interesante e
entretida, no segundo mercado tamén fixemos unha excursión,
pero esta vez vimos unha película (vamos, fomos a un cine).
Desta
experiencia gardo dous recordos: un é un tear (agora un pouco enrugado e feo), e o outro é unha funda de coxín debuxada por min.
Ningún comentario:
Publicar un comentario