Unha
experiencia que eu nunca esquecerei foi a viaxe a Madrid cos meus
compañeiros de sexto.
Acórdome que o día antes da viaxe non puiden
durmir pola emoción, xa estivera moitas veces en Madrid pero
esta era a primeira vez que ía cos meus compañeiros. A viaxe duraba
de luns a venres.
Recordo que a miña nai tiña medo de que non tivésemos tempo de
comprar botellas de auga e por iso encheu a miña maleta de botellas de
auga e galletas debaixo da roupa.
O
hotel encantoume porque era moi orixinal e pola mañá o almorzo era
moi variado. O que non me gustou foi que todos os días na hora da
comida puxeran ensalada e que a mandaran comer.
Eu
compartín habitación con tres compañeiras e unha monitora.
O
primeiro día fomos ao Museo do Prado e ao Parque do Retiro, ao saír
do Museo do Prado encontreime coa miña tía que vive en Madrid e os
profesores deixáronme con ela ir tomar algo.
O
segundo día fomos ao zoo, vín moitos animais e dei de comer a unha xirafa.
O
terceiro día foi o que máis me gustou porque pola noite fomos a un
musical e despois ao Burger King.
O
cuarto día fomos a un parque de atraccións e o último día fomos a
Segovia.
A viaxe gustoume moito, estivo chea de experiencias que non esquecerei.
Aínda que o pasei ben o que máis me gustou foi volver á casa coa
miña familia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario