Gústame moito un
poema de Celso Emilio de
Longa noite de pedra,
xa que é moi curto pero explica ben como foi a experiencia do autor
ao ser encarcerado, utilizando símbolos como a noite e a pedra para
describir a dureza da
realidade e así facer unha crítica social.
Un
fragmento deste poema que me gusta é o seguinte, porque describe a
frialdade daqueles que ven ao autor sen compaixón, ignorando o seu
sufrimento:
O corazón dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
Creo
que Celso Emilio fixo unha
crítica social da súa
época para que puidésemos
tomar conciencia e mellorar como sociedade, pero ao ler o poema non
vexo grandes diferenzas (á excepción de que eles estaban vivindo na
ditadura franquista), pois agora tamén vexo a frialdade das persoas:
tanto en comentarios das redes sociais, accidentes ou noticias
actuais...
Entristéceme ler o poema e imaxinar o autor tal como describe, na
situación na que se atopaban e sen poder expresarse libremente, pero
tamén me entristece ver como esa crítica non mellorou co paso dos
anos.
Laura Sánchez Viqueira (4º ESO B)
Este
poema transmite frialdade (nomeando todo o tempo as pedras), dureza
e unha sensación de tristeza e escuridade. Cando fala daqueles homes
e dos seus corazóns creo que pode referirse a dúas cousas; por unha
parte, a aqueles exiliados pola guerra que observan dende lonxe a
situación actual do seu país, cos seus corazóns coma pedras,
fríos, ou aqueles homes que participaron na guerra como soldados,
persoas novas e que ao mellor non tiñan nada que ver co motivo
principal da guerra, pero que tiveron que participar na batalla como
obriga e agora observan ao seu país dende onde estean.
Segundo
a miña opinión, este poema expresa moi ben a sensación que estaban
a sentir todos os españois despois de rematar a guerra e coa chegada
da ditadura de Franco. Falando das cadeas, referíndose á represión,
as reixas polos encarcerados... situacións que estaban a suceder na
España da época e que se estenderían ata a morte do ditador.
Susana González Aller (4º ESO B)
Ningún comentario:
Publicar un comentario