O alumnado de 1º de Bacharelato na materia de Reforzo de Lingua Galega, coa colaboración do EDLG, elaborou estes microrrelatos a partir dos títulos e das portadas de terror para celebrar o Samaín 2022.
O alumnado de 1º de Bacharelato na materia de Reforzo de Lingua Galega, coa colaboración do EDLG, elaborou estes microrrelatos a partir dos títulos e das portadas de terror para celebrar o Samaín 2022.
No texto de Roi Galán, o autor fala sobre a fraxilidade da masculinidade, xa que os homes son vistos como forzudos, brutos, e masculinos.
Todos
estes son estereotipos creados pola sociedade, un home non pode
abrazar cariñosamente a outro sen ser xulgado como unha persoa
“afeminada”. Eu penso que cada un debería de facer o que queira
e sen medo a ser xulgado.
A
sociedade creou uns estándares, nos que unha muller ten que ser
feminina e un home ten que ser masculino, no sentido de que teñen
que vestir ou comportarse dentro do canon establecido pola sociedade.
Afortunadamente, estes canons tan daniños para moitas persoas
comezan a deixar de importar e a maioría da xente nova de agora
viste e compórtase como quere.
Tamén
é verdade que existen excepcións, como persoas que seguen xulgando
un home por levar saia, porque a saia é para as mulleres.
Esta
xeración ten moitas persoas que rompen estes estándares, incluso
iconas mundiais como Harry Styles ou Bad Bunny, que ao ter poder nas
redes, aproveitan para romper estos estándares. Harry Styles levou
un vestido azul para posar na portada da revista Vogue, sendo o
primeiro home en posar nesta revista, e ambos os dous levan sempre
cousas “femininas”, como as uñas pintadas. Pero tamén hai iconas doutras xeracións que trataron de romper os códigos de
vestimenta, como foron Freddie Mercury e David Bowie.
En
conclusión, penso que deberiamos deixar os estereotipos e os canones
atrás porque se non, non avanzaremos como sociedade.
O machismo reprime e fai inferiores as mulleres pola súa condición de ser muller, pero para que algo sexa inferior ten que existir algo superior, neste caso os homes. Eles deberían ser sempre mellores en todo, perfectos, pero para iso terían que ser invulnerábeis, algo totalmente imposible para calquera persoa, incluso para os homes.
Esta represión tan antiga segue existindo a día de hoxe, nunha sociedade moito máis avanzada, e que dous homes de tanta relevancia mundial nos deportes expresen o que senten, sen reservas e sen facer caso aos “costumes” sen sentido é algo inspirador para todos os homes, que viven baixo o xugo do machismo e dunha masculinidade que non é forte, senón moi fráxil, porque non é débil o que expresa os seus sentimentos, é o que non quere aceptar o que sente. Estes actos son os que animan a un cambio e a darse conta do que acontece, do que vive agochado entre as sombras dos nosos pensamentos, e da necesidade de eliminalo.
Na miña opinión, o escritor ten toda a razón, é necesario romper coa masculinidade tradicional, que o único que fai é crear un concepto de home irreal e sen sentido. Temos que crear unha nova masculinidade, na que os homes masculinos sexan os que sintan, os que choren e os que necesiten unha aperta de cando en vez, non os que son como máquinas, inhumanos e absolutamente imperfectos.
Estou totalmente de acordo co autor do artigo; penso que moitas veces os homes evitan o contacto físico, polo que dirán os demais, ou por se facelo non é propio de “homes” e as persoas poñen en dúbida a súa masculinidade.
Pero persoalmente creo que esta imaxe demostra que moitos dos homes non son así, senón que non lles importa mostrar publicamente os seus sentimentos.
Paréceme un acto de grandiosidade por parte de Rafa Nadal comportarse así publicamente, xa que non soamente promove a amizade entre adversarios nun deporte, senón que é un inicio para que moitos se decaten dos complexos que hai hoxe en día e que non debería de haber, porque ninguén debe avergonzarse por saír cunha persoa do mesmo sexo ou simplemente porque alguén o pense.
En conclusión, creo que ninguén debería ter vergoña por sentir afecto cara alguén do mesmo sexo, ou por demostrar algún xesto de cariño en público, pero, por desgraza, hoxe en día moitos séntense así, e deberiamos facer algo para remedialo, e que cada un poida comportarse libremente e non ter que agochar os seus sentimentos.
As mostras de masculinidade sempre estiveron presentes no mundo dos deportes. Os enfrontamentos entre homes nos partidos eran o que movía as masas, reforzando ese pensamento de “así teñen que actuar os homes”, tiñan que ser violentos entre eles, sendo calquera expresión de sentimentos unha debilidade que non podían permitir mostrar.
Non obstante, as sociedades cambian. Quizais tampouco eran apreciadas estas actitudes no pasado, mais non se dicía nada ao respecto, pois era o que se consideraba como normal, o propio entre homes. No mundo de agora, as persoas queren ver emocións e sentimentos. Os homes non senten menos ca as mulleres e tamén teñen dereito a expresar as súas emocións sen que isto os condicione; que non só poidan manexar a alegría ou a rabia, senón que tamén se acepte a tristeza ante unha despedida.
Como conclusión, os homes deberían ter toda a liberdade para reflectir o que senten. Esta noticia é bonita, pero que fora tan comentada é algo que debería cambiar. O contacto, as emocións e os sentimentos entre homes, malia que nunca se visibilizaran tanto como agora, son normais, igual que entre mulleres, e é como sempre se deberían ter visto.
O dia 7 de outubro é o Dia Internacional da Arquitetura. Com este motivo e graças à colaboração do arquiteto e professor de Tenologia, Óscar Sánchez Martínez, o alunado das turmas de 2º e 3º ESO pôde assistir na nossa escola a uma interessante palestra sobre a obra do arquiteto português Álvaro Siza que tanta relação tem com a Galiza.
O 7 de outubro é o Dia Mundial da Arquitetura. Com este motivo e graças à colaboração do arquiteto e professor de Tenologia, Óscar Sánchez Martínez, o alunado das turmas de 2º e 3º de Português puderam assistir a uma interessante palestra sobre o arquiteto português Álvaro Siza
No dia de hoje fizemos entrega dos diplomas que acreditam a certificação B1 de proficiência em Português Língua Estrangeira aos alunos e alu...