martes, 25 de outubro de 2022

Estereotipos masculinos e femininos, Alejandra Pérez García (1º Bach B)

No texto de Roi Galán, o autor fala sobre a fraxilidade da masculinidade, xa que os homes son vistos como forzudos, brutos, e masculinos.


Todos estes son estereotipos creados pola sociedade, un home non pode abrazar cariñosamente a outro sen ser xulgado como unha persoa “afeminada”. Eu penso que cada un debería de facer o que queira e sen medo a ser xulgado.


A sociedade creou uns estándares, nos que unha muller ten que ser feminina e un home ten que ser masculino, no sentido de que teñen que vestir ou comportarse dentro do canon establecido pola sociedade. Afortunadamente, estes canons tan daniños para moitas persoas comezan a deixar de importar e a maioría da xente nova de agora viste e compórtase como quere.


Tamén é verdade que existen excepcións, como persoas que seguen xulgando un home por levar saia, porque a saia é para as mulleres.


Esta xeración ten moitas persoas que rompen estes estándares, incluso iconas mundiais como Harry Styles ou Bad Bunny, que ao ter poder nas redes, aproveitan para romper estos estándares. Harry Styles levou un vestido azul para posar na portada da revista Vogue, sendo o primeiro home en posar nesta revista, e ambos os dous levan sempre cousas “femininas”, como as uñas pintadas. Pero tamén hai iconas doutras xeracións que trataron de romper os códigos de vestimenta, como foron Freddie Mercury e David Bowie.


En conclusión, penso que deberiamos deixar os estereotipos e os canones atrás porque se non, non avanzaremos como sociedade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTREGA DE DIPLOMAS DE CERTIFICAÇÃO DO CAMÕES JÚNIOR

No dia de hoje fizemos entrega dos diplomas que acreditam a certificação B1 de proficiência em Português Língua Estrangeira aos alunos e alu...