domingo, 23 de outubro de 2022

Masculinidade tóxica, María Hilario Gestal (1º Bach B)

A masculinidade tóxica é un ámbito do machismo moi pouco coñecido e que afecta só aos homes, e estes téñeno tan interiorizado que o consideran normal. É moi común que os nosos avós escarmenten os nosos irmáns, primos, e incluso pais cando choran ou teñen un momento de “debilidade”, e isto provoca unha represión emocional moi prexudicial para a saúde mental.

O machismo reprime e fai inferiores as mulleres pola súa condición de ser muller, pero para que algo sexa inferior ten que existir algo superior, neste caso os homes. Eles deberían ser sempre mellores en todo, perfectos, pero para iso terían que ser invulnerábeis, algo totalmente imposible para calquera persoa, incluso para os homes.

Esta represión tan antiga segue existindo a día de hoxe, nunha sociedade moito máis avanzada, e que dous homes de tanta relevancia mundial nos deportes expresen o que senten, sen reservas e sen facer caso aos “costumes” sen sentido é algo inspirador para todos os homes, que viven baixo o xugo do machismo e dunha masculinidade que non é forte, senón moi fráxil, porque non é débil o que expresa os seus sentimentos, é o que non quere aceptar o que sente. Estes actos son os que animan a un cambio e a darse conta do que acontece, do que vive agochado entre as sombras dos nosos pensamentos, e da necesidade de eliminalo.

Na miña opinión, o escritor ten toda a razón, é necesario romper coa masculinidade tradicional, que o único que fai é crear un concepto de home irreal e sen sentido. Temos que crear unha nova masculinidade, na que os homes masculinos sexan os que sintan, os que choren e os que necesiten unha aperta de cando en vez, non os que son como máquinas, inhumanos e absolutamente imperfectos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

VOCABULÁRIO DAS PROFISSÕES EM PORTUGUÊS

A turma de Português 1º ESO elaborou estes cartazes com o léxico das profissões em português.