martes, 18 de outubro de 2022

Reflexión sobre as novas masculinidades a partir da foto de Nadal e Federer, Saray López Cabanas (1º Bach B)

A partir desta foto de Nadal e Federer falouse moito da interacción entre homes, condicionada polo concepto da masculinidade, o cal dende sempre impuxo que o correcto entre eles era o feito de tratarse friamente, sendo impensable amosar calquera sinal de agarimo.

As mostras de masculinidade sempre estiveron presentes no mundo dos deportes. Os enfrontamentos entre homes nos partidos eran o que movía as masas, reforzando ese pensamento de “así teñen que actuar os homes”, tiñan que ser violentos entre eles, sendo calquera expresión de sentimentos unha debilidade que non podían permitir mostrar.

Non obstante, as sociedades cambian. Quizais tampouco eran apreciadas estas actitudes no pasado, mais non se dicía nada ao respecto, pois era o que se consideraba como normal, o propio entre homes. No mundo de agora, as persoas queren ver emocións e sentimentos. Os homes non senten menos ca as mulleres e tamén teñen dereito a expresar as súas emocións sen que isto os condicione; que non só poidan manexar a alegría ou a rabia, senón que tamén se acepte a tristeza ante unha despedida.

Como conclusión, os homes deberían ter toda a liberdade para reflectir o que senten. Esta noticia é bonita, pero que fora tan comentada é algo que debería cambiar. O contacto, as emocións e os sentimentos entre homes, malia que nunca se visibilizaran tanto como agora, son normais, igual que entre mulleres, e é como sempre se deberían ter visto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

VOCABULÁRIO DAS PROFISSÕES EM PORTUGUÊS

A turma de Português 1º ESO elaborou estes cartazes com o léxico das profissões em português.