xoves, 30 de novembro de 2023

Margarita Salas, a dama da Xenética, Astrid Daniela Molina Guerra (1º Bach A)

CIENCIA EN GALEGO de Sabela Martín Lalinde (1º Bach A)

Dentro da ciencia hai moitos campos abertos e todos eles precisan de investigación. Mais unha vez que se teñen os resultados e coñecemos algo novo o importante é a súa divulgación, mediante a linguaxe.

Nós, os galegos, temos a nosa propia lingua que incluímos en tódolos ámbitos, e a ciencia non ten que ser a excepción, é máis, temos que empregala para que o coñecemento chegue a máis xente. Existen moit@s científic@s galeg@s e moit@s que divulgan ciencia en galego. Nestas charlas móstrannos ambas as dúas cousas, tanto temas de ciencia como o emprego ou uso do galego nesta. Na primeira conferencia, un traballador do CHUAC falounos en xeral dos traballos que fixeran durante o ano. Na segunda, vimos o caso dunha muller galega que traballa fóra do país en temas de investigación en Microbioloxía.

Borja Tosar


Hai moit@s outr@s que se dedican á divulgación da ciencia en galego. Un exemplo podería ser Borja Tosar, un físico centrado na astronomía. El fala nun programa que sae na Galega, chamado “Atmosféricos”, onde informa e explica todo o relacionado coa astronomía. Ademais, colabora mediante a súa divulgación nas redes e ás veces podémolo escoitar en Radiogalega.

CIENCIA EN GALEGO: Presentación sobre a microbióloga Mónica Cartelle Gestal, Verónica Longueira Rouco (1º Bach A)

CIENCIA EN GALEGO: Galicia tamén está nos Lego, Helena Bermúdez Freire (1º Bach A)

DESEÑOS POLA CIENCIA EN GALEGO

Debuxo de Rubén Corredoira Mahía (1º Bach A)
Debuxo de Andrea Souto Pico (1º Bach A)

CIENCIA EN GALEGO: Galeg@s que triunfan na ciencia, Carla García Soto (1º Bach A)

CIENCIA EN GALEGO: Mónica Cartelle Gestal, Mencía Bergondo García (1º Bach A)

 


CIENCIA EN GALEGO: ÁNGEL CARRACEDO, Iago Martín Gay (1ºBach A)

xoves, 23 de novembro de 2023

CIENCIA EN GALEGO: A COMPLEXIDADE ESCONDIDA NO MIÚDO DE MÓNICA CARTELLE GESTAL, Sofía Rey Mirás (1º Bach A)


Nesta charla a Doutora Mónica Cartelle Gestal fala da súa traxectoria como investigadora e dos traballos que realizou ao longo da súa vida profesional.

Mónica estudou nun instituto coruñés, e desde os 12 xa sabía o que ela quería ser, científica. Sempre o tivo moi claro e non dubidou á hora de ir á universidade. Cursou a carreira de Bioloxía na Universidade da Coruña, pero ao rematar non atopou traballo.

Grazas á súa nai comezou a traballar no CHUAC analizando e preparando mostras de urina. Mónica estaba moi entusiasmada por esa oportunidade, mais ela quería traballar co VIH. Máis adiante comezou a traballar no hospital nun proxecto do xenoma humano.

Realizou máis traballos no hospital ata que conseguiu unha bolsa para ir a Nottingham.No Reino Unido traballou en proxectos sobre a comunicación entre bacterias e centrouse especificamente na Pseudomonas aeruginosa e como podían empregarse en terapias.

Pasado un tempo marchou a Ecuador para centrarse nos seus intereses, onde traballou como profesora en Riobamba e Quito. Centrouse na resistencia antimicrobiana, e ao mesmo tempo deu clases na universidade e viaxou ao longo de Ecuador divulgando ciencia. Pero decidiu pasado un tempo que se trasladaría aos Estados Unidos para centrarse no que ela quería, como frear a resistencia antimicrobiana.

A día de hoxe Mónica traballa como profesora de Microbioloxía e Inmunoloxía na Universidade de Luisiana, realizando proxectos no laboratorio sobre os microorganismos e a súa resistencia aos antibióticos.

ENTREGA DE DIPLOMAS DE CERTIFICAÇÃO DO CAMÕES JÚNIOR

No dia de hoje fizemos entrega dos diplomas que acreditam a certificação B1 de proficiência em Português Língua Estrangeira aos alunos e alu...