mércores, 21 de febreiro de 2024

Presas fáciles de Miguelanxo Prado, recensión de Carla Souto Duro (1º Bach B)

Presas fáciles é un cómic escrito por Miguelanxo Prado en 2016 que trata da vinganza protagonizada por un grupo de anciáns cara os traballadores de diferentes bancos de cartos que, tendo en conta os problemas da maior idade, aproveitan para apoderarse dos ingresos dos vellos, provocando ao comezo do libro o suicidio dunha parella de vellos, Pilar e Pablo, o que causa as diversas mortes por envelenamento de persoas relacionadas co banco.

Estes asasinatos están ambientados en lugares da Coruña, como o Obelisco, a Torre de Hércules ou María Pita. Nesta historia destaca o duro traballo dos investigadores Sotillo e Olga, quen levaron o caso ata o final prestando gran atención a cada unha das mortes e dos sospeitosos.

Esta obra trata algúns temas socioeconómicos que podemos relacionar coa realidade actual, como a crise económica, os preferentes… Nestas situacións, podemos observar como os máis poderosos, é dicir, os bancos, aprovéitanse (como mencionei anteriormente) dos máis débiles. Ademais, aínda que a resposta dos anciáns non fora a máis adecuada, poderiamos empatizar coa súa situación e a súa debilidade para ter que afrontar eses sucesos día a día.

Como opinión persoal, gustaríame recalcar a profundidade dos temas que posúe o agrumento e a maneira na que reflexionas acerca deles, pois isto ocasiona unha gran importancia nos problemas que ocorren no mundo e na forma na que nos afectan. Á parte, é unha obra sinxela de ler e entender e é moi curta. O autor en todo momento soubo manexar o tema e o léxico; o único dilema que observei foi a diversa cantidade de nomes que xorden durante a historia, xa que nalgúns momentos perdíame co personaxe e debía retroceder a lectura, pero exceptuando isto é un libro estupendo para ler a calquera idade.


sábado, 17 de febreiro de 2024

Ulf de Jacobusland. Os viquingos en Galicia de Alberto Varela Ferreiro, debuxo de Rubén Corredoiras Mahía (1º Bach A)

 



Enderezo descoñecido de Kressmann Taylor, recensión de Iván Ramos Sánchez (1º Bach A)

Este libro escrito por Kressmann Taylor é unha gran obra moi traballada, xa que é complicado que un libro de soamente setenta páxinas sexa tan completo e tan interesante.

Sabendo do que trata, todo o anterior impresiona ainda máis, posto que tratar en tan pouco un tema tan complexo como pode ser a Alemaña nazi e a súa ideoloxía e de forma tan sinxela é incrible.

O libro trata de dous protagonistas, Martin Schulse e Max Eisenstein os cales son socios nunha galería de atrte en Estados Unidos. Martin decide volver á súa terra natal, Alemaña, onde é calado por un discurso de Hitler.

O resto da obra trata das cartas que se mandan estes dous amigos. Un dato moi curioso do que me enterei foi que este libro foi escrito un ano antes da Segunda Guerra Mundial, e por iso pódese ver un cambio epistemolóxico nun dos personaxes.

En resumo, este libro é unha obra curta, polo tanto amena, interesante e aditiva. Teño que agradecerlle ao meu compañeiro Lois o recomendarme esta gran obra.

O bichero de Luís Davila, recensión de Manuel Luis Gómez Vázquez (1º Bach B)


O libro do que vou falar é O Bichero. O autor de libro/deseñador é Luis Davila Malvido nacido en Pontevedra en 1972 pero criado en Bueu. É un deseñador gráfico, pintor e viñetista galego do que destaca o seu traballo O Bichero para Faro de Vigo. Ademais ten outros traballos como Fotomatón.

O seu traballo está influenciado por Quino, un humorista gráfico. Luis Davila formouse na Escola de Arte Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña. Fixo os espectáculos Menú do día e Menú de noite. Recibiu varios premios debido ao seu traballo. O último foi en 2023 o premio Trasalba.

A continuación imos desglosar a obra máis importante deste debuxante pontevedrés: O Bichero. Esta composición divídese en función dos temas aos que fai mención con moita retranca e acompañado das viñetas en cor que completan a visión do autor.

Nesta obra os temas a tratar son: "Política", "Xente de aquí" e "Un pouco de todo". En canto ás personaxes empregadas, o autor non fai distincións utilizando tanto xente da vila, xente urbanita, nenos, maiores e ata ``fodechinchos´´.

Todalas viñetas están escritas en galego e empregan nalgunhas o uso da gheada o que supón un empurrón do galego nos medios escritos e xa conta con recoñecemento polo labor de espallar o coñecemento das súas viñetas.

En conclusión, a miña opinión sobre o libro é que non está nada mal, aprendín moito vocabulario novo do galego que nunca escoitara, e rinme  moito vendo as viñetas, é un libro entretido e moi bo para pasar o tempo.

xoves, 15 de febreiro de 2024

Un elefante na sala de estar de Antía Yáñez, booktrailer de Lucero Gutiérrez Rosas (1º Bach B)

 


O señor Ibrahim e as flores do Corán de Eric-Emmanuel Schmitt, booktrailer de Héctor Pérez Fuciños (1º Bach A)


 

A ira dos mansos de Manuel Esteban, booktrailer de Alba Neira Moroño (1º Bach B)

 


A praia dos afogados de Domingo Villar, recensión de Duarte Freijo Fernández (1º Bach A)


Como traballo sobre a lectura vou facer unha comparación entre o libro e a película inspirada nel, xunto cunha pequena valoración persoal.

Para comezar, paga a pena comentar que pasar unha historia de papel á televisión é unha tarefa moi difícil, por riba de todo neste caso, xa que hai que converter unha novela dunhas cincocentas páxinas nunha película de hora e media, polo que hai que omitir moitos detalles.

Como xa dixen, non é unha tarefa sinxela, pero desde o meu punto de vista neste caso conséguese moi ben. A historia principal mantense á perfección, os que si se omiten ou varían son algúns detalles, como a non mención de Alba (a ex parella de Leo Caldas), ou a variación da data do afundimento do Xurelo (no libro é o 1996, na película o 2001; imaxino que sería para manter proporcional a distancia coa actualidade, xa que o libro publicouse en 2009 e a película en 2015).

En canto aos actores da película penso que están moi ben escollidos, a súa aparencia é similar a como os podes imaxinar mentres que les o libro, así como a súa actuación é bastante similar ao comportamento que estes teñen no libro.

Un punto en contra da adaptación cinematográfica é que me pareceu que tiña un ritmo demasiado rápido. Tendo lido o libro antes de vela si que se pode entender ben, pero pode ser que sen telo lido custe máis captar a historia.

Paréceme importante destacar que aínda que a película estea rodada en castelán, imaxino que para poder chegar máis aló de Galicia, se manteña o uso do galego cando personaxes secundarias falan en galego entre eles, como por exemplo en Panxón (na lonxa) ou en Aguiño (na farmacia).

O feito de que estes personaxes cambien ao castelán ao falar con Caldas pódese interpretar como unha crítica a que en grandes cidades, coma Vigo neste caso, se fale menos galego.

Para terminar, como xa dixen, paréceme que a adaptación do libro á película está moi lograda en xeral. Recomendo totalmente ambos os dous.

O derradeiro libro de Emma Olsen, banda deseñada de Pablo Prado, booktrailer de Alberto González Aller (1º Bach B)

 Velaquí tedes un booktrailer da banda deseñada que adapta a novela homónima de Berta Dávila.



Mulleres na química de Sergio Menargues, booktuber de Ana Chans Fernández (1º Bach B)


 

Cabeza de medusa de Marilar Aleixandre, recensión de Astrid Daniela Molina Guerra (1º Bach A)

Marilar Aleixandre, nacida en 1947, é unha autora galega coñecida polo seu compromiso social e pola súa capacidade para abordar temas difíciles. A súa obra inscríbese no contexto literario contemporáneo.

O estilo de Aleixandre caracterízase pola facilidade de tratar metáforas que transcende a narrativa. As metáforas, como “a cabeza de Medusa”, convértense en símbolos potentes na “petrificación” emocional que segue á agresión.

Argumento:

Sofía e Lupe, dúas mozas de 17 anos que cursan Bacharelato son violadas por dous universitarios que se ofreceron a levalas á casa e conducíronas ata un camiño afastado aproveitándose delas.

Esa mesma noite, as nenas, acompañadas polas súas familias, poñen a denuncia e pasan un control médico para recoller as probas xenéticas, ademais son interrogadas para obter información sobre os agresores.

Ao incorporarse ao instituto de novo, as nenas séntense diferentes, observadas e xulgadas pola súa nova condición. Pese a intentar recobrar a normalidade un alumno chamado Mauricio comeza a facer pintadas despectivas cara a elas e a insultalas, feito que dificulta a súa mellora. O alumno é acusado pero tan só recibe como castigo una semana de expulsión.

Tema:

O tema principal de A Cabeza de Medusa xira en torno á violencia sexual e as súas consecuencias. Ademais, a novela toca temas como a impunidade fronte á violencia sexual, a falta de empatía na sociedade e a importancia do apoio e a solidariedade.


Personaxes:

1. Sofía e Lupe son as protagonistas. A súa tráxica experiencia de violación desencadea unha loita pola recuperación física e emocional. Ao longo da novela vemos como estas mozas afrontan non só un trauma directo, senón tamén unha vitimización no seu ámbito escolar. A súa relación e a forma en que se apoian mutuamente engaden capas de complexidade aos seus personaxes.

2. Mauricio, o agresor e acosador de Sofía e Lupe, convértese nunha figura antagónica. O relato explora a impunidade que rodea os autores de violencia sexual, xa que a pesar de ser acusados, reciben un castigo insuficiente.

3. Rubén, Celia, Lorena, Artur e Jessica, estes amigos xogan un papel crucial como un forte sistema de apoio para Sofía e Lupe. As súas historias individuais reflicten amizade e solidariedade xenuínas nos momentos difíciles. A través das súas accións e reaccións ante a traxedia, estes personaxes mostran a importancia do apoio emocional e da empatía en situacións traumáticas.

4. Parentes de Sofía e Lupe, destacando como o trauma afecta non só ás vítimas, senón tamén aos que as rodean. As dinámicas familiares convértense nun espazo de resiliencia e a capacidade de afrontar as adversidades.

·Situación Traumática:

No capítulo 4, titulado "Non te preocupes, mamá", Sofía e Lupe enfrontan o difícil proceso de revelar a violación aos seus pais. A autora aborda con detalle a angustia e vulnerabilidade das protagonistas durante esta conversa.

-Dificultades no Proceso Legal e Escolar:

Á medida que avanza a historia, revélanse as dificultades no proceso legal e as interaccións escolares de Sofía e Lupe. A insuficiencia do castigo a Mauricio. O acoso de Mauricio na escola engade capas de dificultade, destacando a falta de comprensión e empatía por parte dalgúns compañeiros.

-Cando Sofía e Lupe chegan á comisaría despois de ser vítimas de violación, as situacións na comisaría e durante a atención médica:

-Comisaría:

Ao chegar á comisaría para poñer a denuncia, Sofía e Lupe experimentan unha situación inicialmente abafadora. A obra mostra como as mozas, xunto con súas familias, se enfrontan a preguntas detalladas e á necesidade de revivir o trauma ao describir os eventos. A novela destaca a dificultade de relatar experiencias tan traumáticas e a valentía necesaria para enfrontar no proceso legal.

-Atención Médica:

Despois de poñer a denuncia, as protagonistas sométense a un control médico para recoller probas xenéticas. Este proceso médico é representado con sensibilidade, resaltando a importancia de recompilar evidencia para respaldar a denuncia. A autora explora como as mozas experimentan non só a dor física, senón tamén emocional durante este proceso médico.

Paralelismos con Medusa:

O simbolismo de Medusa percorre a novela, creando paralelismos poéticos coas protagonistas:

-A petrificación emocional:

As secuelas emocionais da violación reflicten o concepto de petrificación asociado á Medusa. As protagonistas sofren unha “metamorfose” interna, afectando a súa percepción do mundo.

-O apoio como espada contra a monstrosidade:

Ao igual que Perseo utiliza a espada para enfrontarse a Medusa, os amigos das protagonistas actúan como espada contra ao trauma. O apoio emocional e a solidariedade emerxen como ferramentas para desafiar a escuridade.

-O proceso de metamorfose:

As protagonistas experimentan un proceso de metamorfose semellante ao mito de Medusa. A través do apoio e da loita persoal, Sofía e Lupe transitan dun estado de vulnerabilidade a unha nova forma de forza e resiliencia.

-O título:

É preciso e eficaz, convértese nun imán para o lector, xerando expectativas sobre como o autor vai entrelazar a mitoloxía coa narrativa contemporánea.

A miña elección de Cabeza de Medusa basearíase no meu interese pola mitoloxía na novela negra.

-Opinión:

Penso que a novela ten un final coherente xa que Lupe atopa o apoio emocional e a forza ao falar con Sofía e decidir retomar a denuncia contra o seu agresor, a pesar das posibles burlas no comisario. A sensación de non estar soa e o apoio mutuo entre as protagonistas móstrase desde o primeiro capítulo e mantense ata o final.

Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz, booktrailer de Carla García Costa (1º Bach B)

Os lobos de Moeche de Manel Cráneo, booktrailer de Hugo Vázquez Pedreira (1º Bach B)

Os santos nunca dormen de Teresa González Costa, recensión de Iván Villar Amado (1º Bach A)

Tes ata as dez de Francisco Castro, booktrailer de Valentina Rossel Paredes (1º Bach B)

 


Engurras de Paco Roca, recensión de Carmela Archilla Fragueiro (1º Bach B)

O escritor e debuxante deste libro estivo visitando residencias de anciáns, e recompilando historias, decidiu facer este libro.

O libro sitúase nunha residencia de anciáns, onde chega un novo compañeiro chamado Emilio por decisión do seu fillo. Aquí coñece o seu compañeiro de cuarto, quen lle ensina como é a residencia e preséntalle os seus novos amigos. Uns días despois, Emilio descobre que ten Alzhéimer no reparto de menciñas, mais non quere aceptalo e tenta demostrar que é un equivoco, pero segundo avanzan os días ten lapsus cada vez máis notorios.

A pesar de que é un libro breve, non foi sinxelo lelo, xa que se ven historias duras pero certas. Creo que nalgún momento na adolescencia deberíase ler, xa que mostra unha visión da vida na que se repara pouco e é moi importante, xa que todos coñecemos a alguén que pode estar a pasar por algo similar. No meu caso, a miña avoa, e é duro ver nun libro como o sofren, pero así enténdense o que se pode facer e como axudarlles para que non o pasen tan mal.

Na miña opinión, é un moi bo libro do que se pode aprender.

mércores, 14 de febreiro de 2024

O exército de fume de Manuel Gago, recensión de Paula Rodeiro Iglesias (1º Bach C)

O exército de fume é un libro que mestura a realidade coa ficción. Está dividido en capítulos nos que diferentes personaxes xiran arredor da mesma historia. Estes capítulos están ambientados en diferentes lugares e tamén son diferentes as épocas, pero todos fican unidos ao final.

Neste relato cóntase como era a vida en Galicia despois da Guerra Civil. O ano que máis aparece é o 1942, xa que é o ano no que sucede a acción principal. Daquela, Europa era o principal escenario da Segunda Guerra Mundial, e estaba en auxe o movemento fascista en Alemaña e Italia. España en teoría era un país neutral, é dicir, non podía apoiar as Potencias do Eixe (Alemaña, Italia e Xapón), nin tampouco os Aliados (Gran Bretaña, EEUU, Francia e a URSS). Pero a realidade que conta este libro é que Franco estaba a favor das Potencias, e que cedía territorios españois en prol delas. Un deses territorios foi Galicia, en concreto a praia de Valdeareas.

A historia comeza na escola de Arbia, en Laxe, onde se presenta a principal protagonista: Celia Pardo. Celia é unha moza da Coruña que está dando clase na escola. É unha rapaza dunha familia adiñeirada que ten un chalé en Oleiros que menciona varias veces ao lembrar a súa infancia. Cando era unha adolescente a súa nai morreu de tuberculose, e ela marchou a un colexio en Verín. Pero aínda así seguía a ter unha boa relación co seu pai, ao que lle escribía todas as semanas. Cando rematou no colexio estudou Maxisterio, e comezou a traballar como mestra. O seu pai era médico, e era un espía dos Aliados, tiña relación con personalidades inglesas por ter estudado en Cambridge. Cando comeza a guerra, pídelle un favor á súa filla: precisa que vaia dar clase á escola de Arbia, que está preto da praia de Valdareas, onde sospeitan que está habendo actividade por parte dos alemáns. O traballo de Celia é indagar que está a acontecer e contarllo disimuladamente ao seu pai. Este recoméndalle que por seguridade se una á Falanxe, e así o fai. Alí coñece a que sería a súa amiga Teresa.

Na praia de Valdareas había unha mina na que traballaban moitos dos homes da aldea, e estaba usada para a extracción de titanio e outros minerais que se daban aos alemáns. Un día, de súpeto, despediron a todos os traballadores da mina, e armouse un tumulto alí onde estaban Teresa e mais Celia. Tiveron que curar un malferido que abrira a cabeza, e resultou ser un dos mineiros despedidos, Brais de Brantuas, que se fai amigo de Celia e ás veces semella que se gustan un pouco. Aproveitando esa relación, o pai de Celia pídelle que lle saque información a Brais, e ela consegue sacarlle unhas fotos ás instalacións e á súa forma.

Esa información chega ata a Oficina de Guerra, en Londres, que é outro dos espazos da historia. Alí atópanse Stewart Menzies e Winston Churchill, dous personaxes históricos reais. Analizan as fotografías xunto a outras persoas e chegan á conclusión de que a mina quedara convertida nunha base de submarinos do exército alemán. Isto era cousa mala para os ingleses, porque na Segunda Guerra Mundial estábase a desenvolver unha guerra polo control do Atlántico, e a posesión desa base no punto estratéxico que era Galicia podía significar a vitoria alemá. Tamén souberon que levaban tempo construíndo a base dos submarinos, porque a extracción de minerais parara habíq aproximadamente un ano, e leváranse prisioneiros republicanos dos cárceres de Burgos e da Coruña. A construción comezaría a funcionar en calquera momento, polo que tiñan que destruíla. Barallaron diferentes maneiras de abordar o problema, pero a única que non supoñía o risco de que España entrase na guerra era a de utilizar os guerrilleiros de Galicia, a oposición a Franco. Aquí entran na historia os seguintes personaxes.

Ramallo, Camilo, Lois, Acuña, Regos, Charo... todos eles guerrilleiros republicanos que desenvolveron diferentes batallas ao longo da historia, onde se narra, por exemplo, como Ramallo traizoou a Lois e a Acuña escapando cando eles quedaron prisioneiros, ou como este mesmo coñece a Regos e a Charo.

Cara o final da historia comézase a narrar a destrución da base dos submarinos, e paralelamente, os alemáns buscan a Celia. Ramallo e os seus guerrilleiros aproveitan a noite anterior a que a base comece as súas funcións para coarse alí dentro e poñer un explosivo. Cando saen ao exterior, están sendo apuntados con pistolas e luces, que nun principio pensan que son dos alemáns, pero resultou ser Camilo, outro guerrilleiro que está en desacordo cos métodos e organización de Ramallo e quería matalo, pero este non aparece despois da explosión. Os guerrilleiros están capturados por Camilo, ata que aparecen os cans de Brais de Brantuas, que estivera mirando a escena e os soltara. Aproveitando a revolta, sae da súa agochada e apunta a un na boca cunha pistola, ameazándoo de morte, ata que é o propio Regos, que ao verse fóra de perigo lle di que está farto de sangue e que o deixe en paz, quen salva a Camilo, que escapa sen matar a ninguén.

Brais de Brantuas chegou alí ao bosque despois de axudar a Celia a escapar. Ela estaba na súa casa en Laxe, e ese mesmo día descubrira que a súa nai estivera no cárcere, e alí era onde se contaxiara de tuberculose, e o seu pai non llo contara nunca. Ela non podía esperar, así que botou a camiñar cara Ponteceso para coller un bus á Coruña e falar con seu pai. Xusto despois de que se fora da casa, un soldado alemán foi preguntar por ela, e a caseira, morta de medo, díxolle que marchara coller o bus, así que a foron esperar. Pero Celia estaba na casa da súa amiga Teresa en Ponteceso porque quedaban dúas horas para o bus, e apareceu Brais coas noticias de que a estaban a esperar na estación, así que conseguiu escapar no coche da súa prima arxentina que a foi buscar. Tanto Celia como o seu pai estaban sendo buscados, polo que se dirixiron a Vigo á casa de Eduardo Menéndez. Este é o final da historia, no que Celia, o seu pai e mesmo Eduardo foxen ao exilio dende Vigo deixando todo atrás.

Hai un último capítulo no que se pasa do ano 1942 ao 1952, e Celia está en Nova York na inauguración do edificio das Nacións Unidas, e alí atópase de novo con Brais de Brantuas por sorpresa, despois de tantos anos.

O libro gustoume pero non demasiado, fíxoseme un pouco pesado, xa que creo que hai moitas partes que sobran e que dificultan entender a historia principal. Considero que hai demasiados detalles en momentos nos que non é necesario. Por exemplo a vida dos guerrilleiros antes do golpe da mina, ou as batallas entre submarinos, están moi detallados, e botando a vista atrás, non son tan relevantes para o transcurso do libro.

A miña historia favorita foi a de Celia (aínda que logo sexa só unha historia, falo do principio do libro cando estaban separadas). Foi para min a máis entretida e fácil de entender a de seguir.

Aínda que non me enganchase moito, creo que o libro está ben fiado, porque é complicado unir tantas historias nunha soa. Pero creo que o realmente interesante é o retrato que fai da sociedade galega na posguerra, na que se vían remarcadas as diferentes clases socias e os oficios, así como a represión de pensamentos que había en Galicia, onde, segundo conta o libro, había reforzo de Garda Civil por ser un dos territorios con máis oposición ao franquismo.

Penso que é unha maneira perfecta de dar visibilidade ás persoas que, como di Ramallo varias veces ao longo do relato, non saen nos libros de historia. Estas persoas son xente sobre todo das clases obreiras que exercía importantes labores de espionaxe ou de rebelión deixando de lado o medo polo risco que supoñía pensar diferente naquela época. Porque aínda que sexan uns poucos os que aparezan nos libros, a historia non sería a mesma sen aqueles moitos que puxeron en risco a súa vida por defender os seus principios e o benestar do mundo.

Booktrailer de Tes ata as dez de Francisco Castro, Elisa Blanco Rodríguez (1º Bach B)

Booktrailer de Infamia de Ledicia Costas, Andrea Souto Pico (1º Bach A)

Mulleres na química de Sergio Menargues, booktuber de Emma Buján Mouriño (1º Bach A)

ENTREGA DE DIPLOMAS DE CERTIFICAÇÃO DO CAMÕES JÚNIOR

No dia de hoje fizemos entrega dos diplomas que acreditam a certificação B1 de proficiência em Português Língua Estrangeira aos alunos e alu...