O libro do que vou falar é O Bichero. O autor de libro/deseñador é Luis Davila Malvido nacido en Pontevedra en 1972 pero criado en Bueu. É un deseñador gráfico, pintor e viñetista galego do que destaca o seu traballo O Bichero para Faro de Vigo. Ademais ten outros traballos como Fotomatón.
O seu traballo está influenciado por Quino, un humorista gráfico. Luis Davila formouse na Escola de Arte Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña. Fixo os espectáculos Menú do día e Menú de noite. Recibiu varios premios debido ao seu traballo. O último foi en 2023 o premio Trasalba.
A continuación imos desglosar a obra máis importante deste debuxante pontevedrés: O Bichero. Esta composición divídese en función dos temas aos que fai mención con moita retranca e acompañado das viñetas en cor que completan a visión do autor.
Nesta obra os temas a tratar son: "Política", "Xente de aquí" e "Un pouco de todo". En canto ás personaxes empregadas, o autor non fai distincións utilizando tanto xente da vila, xente urbanita, nenos, maiores e ata ``fodechinchos´´.
Todalas viñetas están escritas en galego e empregan nalgunhas o uso da gheada o que supón un empurrón do galego nos medios escritos e xa conta con recoñecemento polo labor de espallar o coñecemento das súas viñetas.
En conclusión, a miña opinión sobre o libro é que non está nada mal, aprendín moito vocabulario novo do galego que nunca escoitara, e rinme moito vendo as viñetas, é un libro entretido e moi bo para pasar o tempo.
ResponderReenviar |
Ningún comentario:
Publicar un comentario