O libro sitúase nunha residencia de anciáns, onde chega un novo compañeiro chamado Emilio por decisión do seu fillo. Aquí coñece o seu compañeiro de cuarto, quen lle ensina como é a residencia e preséntalle os seus novos amigos. Uns días despois, Emilio descobre que ten Alzhéimer no reparto de menciñas, mais non quere aceptalo e tenta demostrar que é un equivoco, pero segundo avanzan os días ten lapsus cada vez máis notorios.
A pesar de que é un libro breve, non foi sinxelo lelo, xa que se ven historias duras pero certas. Creo que nalgún momento na adolescencia deberíase ler, xa que mostra unha visión da vida na que se repara pouco e é moi importante, xa que todos coñecemos a alguén que pode estar a pasar por algo similar. No meu caso, a miña avoa, e é duro ver nun libro como o sofren, pero así enténdense o que se pode facer e como axudarlles para que non o pasen tan mal.
Na miña opinión, é un moi bo libro do que se pode aprender.
Ningún comentario:
Publicar un comentario