mércores, 21 de febreiro de 2024

Presas fáciles de Miguelanxo Prado, recensión de Carla Souto Duro (1º Bach B)

Presas fáciles é un cómic escrito por Miguelanxo Prado en 2016 que trata da vinganza protagonizada por un grupo de anciáns cara os traballadores de diferentes bancos de cartos que, tendo en conta os problemas da maior idade, aproveitan para apoderarse dos ingresos dos vellos, provocando ao comezo do libro o suicidio dunha parella de vellos, Pilar e Pablo, o que causa as diversas mortes por envelenamento de persoas relacionadas co banco.

Estes asasinatos están ambientados en lugares da Coruña, como o Obelisco, a Torre de Hércules ou María Pita. Nesta historia destaca o duro traballo dos investigadores Sotillo e Olga, quen levaron o caso ata o final prestando gran atención a cada unha das mortes e dos sospeitosos.

Esta obra trata algúns temas socioeconómicos que podemos relacionar coa realidade actual, como a crise económica, os preferentes… Nestas situacións, podemos observar como os máis poderosos, é dicir, os bancos, aprovéitanse (como mencionei anteriormente) dos máis débiles. Ademais, aínda que a resposta dos anciáns non fora a máis adecuada, poderiamos empatizar coa súa situación e a súa debilidade para ter que afrontar eses sucesos día a día.

Como opinión persoal, gustaríame recalcar a profundidade dos temas que posúe o agrumento e a maneira na que reflexionas acerca deles, pois isto ocasiona unha gran importancia nos problemas que ocorren no mundo e na forma na que nos afectan. Á parte, é unha obra sinxela de ler e entender e é moi curta. O autor en todo momento soubo manexar o tema e o léxico; o único dilema que observei foi a diversa cantidade de nomes que xorden durante a historia, xa que nalgúns momentos perdíame co personaxe e debía retroceder a lectura, pero exceptuando isto é un libro estupendo para ler a calquera idade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

CALIGRAMAS 4º ESO A

  Daniela Parga Verdía Bruno Otero Corral Paula Pérez Martínez Claudia Rodríguez Miraz Lucía Pérez Roca Zaira Ortega Calvo Pedro Saa Brantuas