Dous
atracadores moi torpes, un rufián
banqueiro e unha
espelida secretaria, todos estes personaxes coincidirán, por
quendas,
no salón principal do banco, manténdonos
en vilo mediante unha trama chea de disparatadas ocasións, dramas
familiares e diálogos hilarantes. Pero
non só coincidirán no lugar, senón
tamén no obxectivo: roubar, o mesmo banco, o mesmo día e á mesma
hora. Don Serafín, o director, intentará quitar
diñeiro a poucos, sen que ninguén se decate; mentres que Vanessa
por un lado e Lois e Rafael polo outro intentarán dar un verdadeiro
golpe mestre. Estes dous últimos parecen algo fervellasverzas, e non
son que de esperar ao seu momento, polo que se distraerán cun xogo
de palabras que consiste en que un diga un nome e o outro o relacione
cunha actividade comercial. Este recurso primará nas aparicións
destes personaxes e dará lugar a escenas
moi orixinais.
Non
esperaba nada menos desta obra,
sabendo
que foi escrita por un mestre como Singala, autor
d’O
achado do castro,
unha obra realmente boa.
É
unha lectura moi
divertida e graciosa,
onde as risas están aseguradas e, ademais,
fainos pensar, aínda que só sexa un pouquiño. É
unha lectura sinxela pero que engancha e que fai que a leas dun
tirón.
O
que máis me chamou a atención é a capacidade do autor para enlear
a historia e mesturar os personaxes nun mesmo espazo e nun tempo moi
curto.
Este
autor gústame bastante e esta obra penso que é moi
recomendable para nenos e adultos que queren pasar un bo
anaco
lendo un
libro agradable
que
aínda por riba che asegura unhas risas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario