A miña planta de laranxa lima é un dos libros que sempre é bo recomendar, é un gran
besteller brasileiro, que fai que o lector sinta que está dentro do libro, que sufra e se
emocione en cada capítulo e situación deste.
A historia de Zezé, un neno brasileiro, dotado de gran intelixencia o cal descobre pouco ao
pouco que a aprendizaxe leva un gran paso, con referencia á súa idade, e é a perda da
inocencia e aquilo fantástico. O protagonista é un neno pobre, que vén dunha gran familia e ás veces sofre algunhas consecuencias debido á súa intelixencia e chegan a calificalo de neno
demo.
Zezé ten o soño de ser poeta e ter unha boa e tranquila vida no futuro e aférrase a iso
sempre que pode ou sempre que unha situación chega e golpea a súa vida.
Persoalmente o libro namoroume, teño que confesar que ao principio custoume un pouco
porque só o vía dende un plano infantil, pero no momento en que comezas a ler o libro
pensando que o narra unha persoa en vez dun neno de 5 anos, todo cambia.
A miña lectura foi emocións, eu sentín a dor, as lágrimas, as risas e a frustración e así
mesmo o pasei.
Sentín a dor de cada lágrima do neno, a emocionalidade que pon a cada situación.
O libro é como unha evolución constante, recorda a ese instante, ao paso de cando somos
nenos inocentes, sen sufrimento directo, onde todo e efémero, onde cada situación pasa e
alí queda ao momento en que vamos crecendo sentindo todo aquilo que doe, as inxustizas,
a sociedade sobre os nosos ombreiros e os cambios bruscos.
Recomendo este libro ao 100%, é unha marabilla, fácil de ler, emotivo, ben escrito e cunha
narrativa incrible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario