xoves, 30 de novembro de 2023

CIENCIA EN GALEGO de Sabela Martín Lalinde (1º Bach A)

Dentro da ciencia hai moitos campos abertos e todos eles precisan de investigación. Mais unha vez que se teñen os resultados e coñecemos algo novo o importante é a súa divulgación, mediante a linguaxe.

Nós, os galegos, temos a nosa propia lingua que incluímos en tódolos ámbitos, e a ciencia non ten que ser a excepción, é máis, temos que empregala para que o coñecemento chegue a máis xente. Existen moit@s científic@s galeg@s e moit@s que divulgan ciencia en galego. Nestas charlas móstrannos ambas as dúas cousas, tanto temas de ciencia como o emprego ou uso do galego nesta. Na primeira conferencia, un traballador do CHUAC falounos en xeral dos traballos que fixeran durante o ano. Na segunda, vimos o caso dunha muller galega que traballa fóra do país en temas de investigación en Microbioloxía.

Borja Tosar


Hai moit@s outr@s que se dedican á divulgación da ciencia en galego. Un exemplo podería ser Borja Tosar, un físico centrado na astronomía. El fala nun programa que sae na Galega, chamado “Atmosféricos”, onde informa e explica todo o relacionado coa astronomía. Ademais, colabora mediante a súa divulgación nas redes e ás veces podémolo escoitar en Radiogalega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

CALIGRAMAS 4º ESO A

  Daniela Parga Verdía Bruno Otero Corral Paula Pérez Martínez Claudia Rodríguez Miraz Lucía Pérez Roca Zaira Ortega Calvo Pedro Saa Brantuas