Os maios é o nome dunha festa popular
galega que forma parte do chamado “ciclo de maio” época na que
se exalta a natureza o comezo da primavera, as súas orixes
remóntanse ás civilizacións prerromanas. Celébrase sobre o 1 de
Maio, nesta festividade fanse representacións, bailes e contos
tradicionais inspirados nas figuras das árbores con adornos florais,
follas e froitos.
A súa orixe pódese remontar aos
rituais asociados á colleita, no Neolítico coa consolidación da
agricultura e o sedentarismo. Pero as orixes das festividades
actuais remóntanse ás civilizacións prerromanas e romanas.
A
festividade celta de Beltane marcaba o inicio do verán pastoral pois
os rabaños eran levados aos pastos das montañas. Beltane é o día
festivo do 1 de Maio e os costumes da festividade eran a iluminación,
as fogueiras, os decorados con flores, visitando pozos sagrados e
banquetes.
En Galicia recollíanse os campos de cultivo pola noite con
fachucos e as cinzas espallábanse pola terra e así
rendíase culto á deusa Galaecia Betane. De aí a adoración aos
fenómenos terreais: terra, mar e aires. Tiñan significado ritual e
político, pero o cristianismo asimilou estas festas pagás e a
maioría son agora para honrar a Virxe María.
A súa celebración como xa apuntei
faise o 1 de Maio, aínda que en Ourense fano o día 3, día de Santa
Cruz, que na tradición cristiá representa a árbore da vida a
saúde e a resurrección (Os maios en Vilagarcía de Arousa).
Na zona de Laza o de Entrimo os mozos cortaban unha árbore, a mais grande que podían e
plantábana na praza principal e adornábana con lanternas “ Festa
da árbore do Maio”.
Tamén existe a costume de colocar pólas de xestas (maios) nas portas das casas, nas fiestras, carros,
fincas e barcas, agora nos coches, na tarde-noite do último día de
abril para que o mes de maio a casa estea protexida, a xente e as
propiedades da xente.
Acompañando os maios os nenos
disfrázanse, adornados con flores, follas ou pólas cunha coroa de
flores, danzan e cantan coplas populares “cantigas”.
É costume facer competicións
premiando as mellores esculturas e cantigas.
As cantigas son composición
tradicionais que se repiten ano tras ano, recollen feitos actuais e cada vez máis críticas políticas.
No “Museo de Pontevedra” e na
biblioteca de Ben-Cho-Shey (Ourense) consérvanse amplias
reproducións das que se cantaron no século XX. Nalgunhas vense os
efectos da censura que modificaron os textos pois considerábanos
inapropiados.
UN
EXEMPLO DE MAIO
Maio de Redondela. Tódalas
parroquias confeccionan os maios máis espectaculares de flores.
Sesamonde é unha das parroquias máis
premiadas nos últimos concursos, os nenos contribúen cosendo flor a
flor. Na composición participan 50 persoas entre os 2 anos (que son
os nenos que cantan as cantigas) ata os maiores que son os que fan a armazón do maio.
Soen facer maios artísticos, pero o
decorado ten que ser con elementos vexetais, non usar pegamentos, nin
pinturas. Normalmente o artístico son figuras relacionadas co mundo
agrario. Na véspera do concurso quedan traballando ata a
madrugada porque as flores murchan axiña. O fiúncho é a planta
máis empregada moi común e crece polos camiños, outras flores son
difíciles de conseguir como a margarida branca, entón non se fan
restras grandes con esta flor ou encárganse con moita anticipación.
As coplas son crítica social, con retranca, con graza, pero sen insultos. Antes de sacar o maio a pasear
cóbrese con teas para que non se estrague. O único material non vexetal permitido para a súa decoración é a casca de ovo.
Tamén se premian as coplas e a súa interpretación. A súa celebración sufriu un gran
descenso na súa participación, hoxe en día son sobre 15
participantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario