O poema que me resultou máis entretido ou suxerente de Longa noite de
pedra de Celso Emilio foi "Deitado frente ao mar". A voz lírica achéganos á “lingua
proletaria” do pobo, “a fala nai” , a dos “devanceiros” que
é o galego. “Eu fáloa porque si” di o eu lírico dende unha 1ª
persoa central que expresa as razóns polas que decide falar en
galego, razóns que máis ben son sentimentos, “que lle saen de
dentro” mentres critica a todos aqueles que a rexeitan, “os
soberbios, ruíns e poderosos, inchados, baleiros e estúpidos. Neste
último verso, ese “estúpido”.
A defensa do idioma serve ao mesmo tempo para denunciar a situación
do pobo, a dos “mariñeiros e labregos” e, en xeral, a de “todos
os que sofren neste mundo”.Define a clase dos traballadores e
deixa ver o fondo marxista da ideoloxía do poeta.
Atopamos unha postura subxectiva por parte da voz lírica coa que
expresa as súas intencións “eu fáloa porque si, porque me gusta”, “porque me
sae de dentro”, ideas que dan conta das íntimas razóns que elixe
para xustificar a súa opción lingüística. Estes son os argumentos
que el emprega para denunciar a situación do idioma galego e a
opresión que padecen os máis desfavorecidos. Os versos describen os
seus sentimentos “tristura aceda que me abrangue” e denuncian as
consecuencias que ten para o pobo galego o feito de que a súa
historia estea “contada noutra lingua”. Reivindica o seu uso mediante un ton case combativo.
A defensa do idioma galego é, polo tanto, o tema central do poema,
tema que conta cunha ampla tradición na literatura galega xa que
sempre houbo autores que loitaron pola súa significación. Ao mesmo
tempo, podemos falar dunha especie de subtema porque, ao carón da
denuncia lingüística, atopamos unha denuncia social, a da situación
de “tódolos que sofrenneste mundo”. A reclamación da dignidade
non é só para o idioma, senón tamén para os falantes e para todos
aqueles que son oprimidos polos “soberbios, ruíns e poderosos”,
mostrando así a voz unha estrutura solidaria. Mostrando as veces o
espazo marítimo que era o camiño que seguiron moitos galegos para
fuxir da miseria na que vivían converténdose así na ilusión dun
futuro mellor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario