martes, 2 de marzo de 2021

Iridium de Francisco Castro, recensión de Javier Lafuente (4º ESO A)

Iridium é unha novela escrita por Francisco Castro, un dos escritores máis recoñecidos de Galicia. O libro trata dunha nena chamada Iris, que sofre un grave accidente que lle cambia por completo a vida. Ten unha extensión bastante curta, xa que apenas consta de noventa páxinas, algo que fai que se traten os temas dunha maneira máis simple e directa.

No comezo da historia introdúcese un pouco o que lle aconteceu a Iris, e coñecemos que sufriu un atropello que lle causou un traumatismo craneoencefálico. Despois de máis de 8 meses en coma, Iris esperta e comenza a falar da súa recuperación e da súa nova vida. Ademáis, fálase continuamente de dous mozos; Chechu, o seu exnovio, e Mario, o mozo do que está namorada.

Estes dous personaxes, vanse convertir nas persoas arredor das que xira a trama, e acaban tendo un conflito entre eles bastante difícil de solucionar que fai descubrir a Iris cousas do pasado que cambian completamente a súa forma de ver a Chechu.

Este libro gustoume moito, xa que trata o problema de Iris dunha forma moi clara e concisa, dicindo de forma literal o que pensa ou opina a protagonista. Ademáis, fai que o lector se poña na pel dos personaxes, e que reflexione ou pense que nos podería pasar o mesmo a calquera de nós.

O único que noto en falta son referencias ou descricións do lugar no que transcorre a acción, xa que eu polo menos non atopei ningunha en todo o relato e quizáis isto podería meternos aínda máis nos papeis.

Sen ningunha dúbida, recomendo este libro a todo o mundo, independientemente da súa idade, xa que penso que pode facer pasarnos un bo rato sen a necesidade de ter que ler moitas páxinas e ademáis facer que reflexionemos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

POSTAIS DE NATAL DA TURMA DE 4º ESO