mércores, 10 de marzo de 2021

Scórpio de Ricardo Carvalho Calero, Darío Francos Rial (1º Bacharelato B)

Scórpio é unha novela do autor Ricardo Carvalho Calero, homenaxeado no Día das Letras Galegas o ano pasado.

Ricardo, orixinario de Ferrol (1910-1990) licenciouse na Universidade de Santiago para, máis adiante, formar parte do movemento galeguista. Polos seus ideais separatistas condenóuselle a 12 anos de cárcere, aínda que non cumpriu toda a súa condena.

Tamén formou parte da Real Academia Galega dende o ano 1958.

Scórpio redactouse en 1987, nos últimos anos de vida do autor. Esta novela sitúase cronoloxicamente durante a etapa da derrota da II República, que dará lugar á Guerra Civil.

Scórpio, o protagonista, pódese considerar como a “figura do Don Juan” pola súa maña na seducción das distintas mulleres da historia. Tamén se lle atribúe un certo carácter autobiográfico por algunhas narracións que fan referencia á vida do propio autor.

A estrutura do libro seméllase moito ás das novelas epistolares, xa que está composta por multitude de pequenos capítulos narrados por diferentes personaxes, o que aporta diferentes puntos de vista.

O argumento de Scórpio (sen spoilers):

Rafael, alcumado Scórpio polo seu signo do zodíaco, é adoptado por unha familia adiñeirada, veciña del, tras a morte da súa nai.

Co paso do tempo, tras rematar a súa carreira xunto co seu amigo “Sagitário”, ou Jorge, a trama chega ata un dos temas principais, o namoramento de Scórpio, o nacemento do seu fillo… que se desenvolverá durante a guerra, o que o incomunicará coa súa familia ata o seu regreso, e a aparición de Salgueiro, personaxe polo cal descubriremos a desaparición de Rafael tras un bombardeo.

Opinión persoal: sinceramente, o libro resultoume bastante complexo (xa que o libro redactouse en galego reintegrado, que é bastante similar ao portugués) e que ao comezo non acaba de comprender que, os nomes dos capítulos eran os distintos narradores. Ainda así, una vez te afás ao galego reintegrado, non a considero imposible. A trama tampouco me resultou tan sinxela como pensaba polos cambios de narrador, polo que considero que esta non é unha novela para todo o mundo xa que pode chegar a resultar pesada para os lectores pouco habituados a estas historias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario