Resistencia pareceume un libro moi interesante e moi triste porque ademais de ter unha boa historia, tamén conta como foi o réxime fascista de Portugal, un tema do que case non sabía nada, pero que me chamou moito a atención e aprendín bastante sobre a sociedade e os acontecementos dese país durante esa época.
A historia de amor entre Dinís e Filipa é bonita pero a vez é moi complicada. Que acabaran separados móstranos a realidade de que o amor non sempre pode vencelo todo. Resultoume moi triste pensar que puideran acabar xuntos se non fora porque os do cárcere dixéronlle a Filipa que Dinís morrera. Tamén está a historia entre Isaura e António. Sorprendeume que duraran tantos anos amándose ás escondidas, aínda que ao final esta historia acabara co suicidio de António.
Unha das cousas que está presente en Resistencia é a inxustiza do mandato colonial de Portugal sobre os seus territorios de África. É moi inxusto que che manden saír do teu país para loitar nunha guerra na que ti non queres loitar , e aínda máis inxusto é que algúns soldados violaran a algunhas mulleres por velas como un obxecto onde liberar o estrés que producía a guerra ou simplemente por pracer. Pero estas inxustizas non só sucedían en África. En Portugal producírase a violación de Rémedios, a nai de Isaura.
Produciume moita rabia que Caetano se burlara dela e que ao que a violou non o meteran no cárcere, aínda que ao final matárono igual que ao seu cómplice.
A loita para rematar co réxime fascista é do máis importante da historia. Durante as décadas que durou este réxime moitísima xente foi castigada, ou os mandaban ao cárcere ou os asasinaban. Estas persoas sufriron represalias polo simple feito de defender as súas liberdades, dereitos e os seus ideais. Os partidarios da ditadura quitáronlles anos de vida e provocaron gran sufrimento ás persoas que ían en contra deles. As condicións destes no cárcere son terribles. Se se portaban mal, castigábanos nunha cela sós durante moito tempo. Isto é unha das peores cousas, que pode volver tolo a calquera.
Este libro chámase Resistencia, porque os vencedores (os que ían en contra da ditadura) non se renderon aínda que o perderan todo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario