Xoguetes para un tempo prohibido é unha obra de Carlos Casares que conta a historia de Elías, un neno con ilusións e soños en finais do século XX.
O espazo desta novela transcorre nunha Compostela durante os anos da Posguerra. Esta obra foi publicada pola editorial Galaxia no 1975. Tivo moita repercusión no seu lanzamento e gañou numerosos premios (Premio Galaxia de Novela e Premio de la Crítica española). E hoxe en día, conta con dez edicións na Editorial Galaxia.
Carlos Casares escribe este libro dunha forma moi peculiar, xa que, aínda que os medios a cataloguen coma unha novela, tanto a distribución coma a extensión non son propias dunha novela como tal. O autor conta o transcurso da vida do noso protagonista a través de parágrafos de forma sucesiva. Non ten capítulos.
Esta novela está escrita nun galego algo complexo en certas partes para a xente da nosa idade. De todas formas, contén frases que dan que pensar. Coma por exemplo: “Raramente o amor de onte se volve a chamar cos mesmos nomes”.
Carlos Casares escribe este libro en segunda persoa e fala sobre o paso da xuventude á idade adulta. É certo que a obra se centra máis na época de instituto do protagonista contando as relacións que tivo, as festas... E todas esas cousas que ten a adolescencia. Pero tamén se fai saber o baleiro que ten o personaxe principal a través de certas frases como, por exemplo, a seguinte: “A aquela altura, ¿a quen lle interesaba a fuga aberta do teu discurso roto?”
Nese momento, Elías desfógase cunha reflexión sobre os seus pensamentos. E, a pregunta retórica dese fragmento, quero dicir que me encantou.
Eu, sempre que leo, rematan namorándome todas as oracións cun trasfondo complicado para o personaxe, dado que son as máis duras e mesmo por iso as que máis fan a sentir ao lector.
Volvendo ao libro, quero informarvos de que é un libro curto: conta con 113 páxinas. A medida que transcorre a historia, ao mesmo tempo que o protagonista crece e evoluciona, o vocabulario vaise complicando un pouco. E ademais de tratar en primeiro lugar a historia de Elías, o autor tamén fai referencia a varios autores (esta información inclúese ao final do libro).
E para rematar, cómpre dicir que aínda que teña un vocabulario distinto ao actual debido a época na que está escrito. Se che gustan as reflexións e ler un libro co que te poidas sentir identificado, dálle unha oportunidade a este libro curto de Carlos Casares.
Ningún comentario:
Publicar un comentario