sábado, 18 de maio de 2024

TEXTO CREATIVO DE MANUELA DÍAZ REAL (2º ESO A)

Son Camilo, teño vinte anos e levo sete días nunha illa deserta. Todo comezou cando decidín coller un avión dende España á México. Eran como as catro da tarde, levaba unha hora de voo e acababa de espertar dunha sesta. Todo o mundo gritaba e as azafatas pedían aos pasaxeiros que estiveran calmados. De pronto, o avión xirou de golpe e vin como un maletín caía sobre min. 

Espertei. Doíame moitísimo a cabeza, non me estraña xa que levei un bo golpe. Mirei ao redor, vin unha praia moi bonita. Facía calor e voaban gaivotas. Ao principio pensei que estaba nunha especie de paraíso, coma se despois de morrer ascendera ao ceo. Creo que vía moitas películas. 

Tardei como unha hora en darme conta de que si que estaba vivo, de que isto non era un soño, de que tería que sobrevivir nesta illa a partir dese momento. Foi entón cando fixen o que calquera persoa faría, sentarme e chorar. 

Tiña medo, moito medo. Non podía ser certo. Se non sabía nin cociñar un ovo fritido, como ía vivir nunha illa deserta sen comunicación, auga limpa, luz...? 

Alcei a vista e vin algo vermello na beira do mar. Volvín mirar e vin que era unha maleta. Corrín desesperadamente, con algo de esperanza. Saquei a maleta da auga e inspeccionei o interior. 

Deseño de Manuela Díaz Real


Toda a roupa e os aparellos na caixa de primeiros auxilios estaban empapados, así que deixeinos a secar ao sol. 

Mentres miraba a roupa tendida na area, pensaba en que podería facer neses momentos. Sentíame inútil, non sabía se era mellor esforzarme por sobrevivir ou ir cavando a miña tumba. 

Pero non, non podía desistir tan pronto, así que, decidido, entrei no bosque da illa para recoller paus e follas que houbera polo chan. Fixen unha especie de cabana pequeniña, só cabía a miña cabeza e torso. A verdade é que non era a mellor cabana do mundo. Non era moi estable, mais estaba orgullosos da miña creación. 

Debuxo de Manuela Díaz Real


De súpeto, notei como unha luz laranxa bañaba toda a illa. Estaba por caer a noite e eu so tiña roupa húmida, e catro paus formando unha cabana mal feita (se é que se pode chamar a iso cabana).Sen pensalo moito, collín un montón de paus pequenos e finas, unhas pólas máis grandes e unhas pedras. Formei un círculo cos paus no medio de este. Despois collín unha rama máis branda e cun pau, comecei a frotala. Isto virao nunha película, polo que tiña un pouco de esperanza de que funcionara.

Sorprendentemente, como dúas horas despois, conseguín prender a fogueira. Estaba moi canso. Deiteime debaixo da miña "cabana" e tapeime co camisón que encontrara na maleta para non coller frío e para que non me comeran os mosquitos. 

Día 2 

Espertei con moita sede e fame, pois non bebera nin comera nada o día anterior. Incorporeime, pero esquecín que estaba durmindo debaixo da "cabana" e destruína cando levantei a cabeza. Pero encontrar auga era a miña prioridade, non tiña tempo para reconstruíla. Así que fixen unha especie de bolsa co camisón para meter o resto da roupa e a caixa para poder levar as cousas comigo. 

Camiñaba polo bosque con medo de atoparme algún bicho ou algo velenoso. Tamén pensaba no resto de pasaxeiros que ían no avión. Acaso morreran todos? 

Estaba tan concentrado nos meus pensamentos que non vin un desnivel que estaba no chan, polo que tropecei e torcín o nocello. A duras penas conseguín arrastrarme polo chan. Estaba cheo de lodo e terra, parecía un verme. Pechei os ollos e concentreime nos sons da natureza. Puiden escoitar unha corrente de auga. Iso era bo, significaba que finalmente podería beber auga. Seguín o son da auga ata que cheguei coxeando ata unha pequena cascada. Bebín algo de auga, lavei as mans e mollei a perna para ver se podía calmar a dor. Había un pequena cova onde podería refuxiarme. Sentei dentro e cunha pedra comecei a rascar a parede. Debuxei un pequeno mapa do que levaba explorado. Así podería organizar as miñas ideas. 

Estaba moi canso, xa non me quedaban enerxías, así que tapeime coas prendas de roupa que encontrara e pechei os ollos. 

Día 3 

Xa tiña auga e refuxio, agora faltábame comida. Levanteime, bebín auga e volvín á praia para ver se podería pescar algo. O sol pegaba moi forte, ese día ía moita calor. Mentres volvía e apartaba a vexetación cun pau, miraba se nas palmeiras había algún coco. Case sen darme conta, cheguei á praia. A temperatura era moito maior, polo que tapei a miña cabeza cunha camiseta. 

Deixei as miñas cousas ao lado dos restos da cabana para despois comezar a crear a miña ferramenta que me axudaría a pescar máis adiante. Era obvio que non conseguiría cazar ningún peixe coas mans, así que atei as tesoiras ao meu pau usando as vendas. Isto deu como resultado unha especie de lanza improvisada. 

Deseño de Manuela Díaz Real


Foi complicado, pero conseguín pescar un pequeno peixe. Usei os restos da fogueira do día anterior para prender lume e cociñar a miña cea. Non sabía moi ben, pero tiña tanta fame que non me importaba. Gardei un pouco de peixe na caixa por se despois non lograba conseguir máis comida. Alimentei o lume e durmín tapado co camisón. 

Día 4-5 

Espertei con gotas caéndome na cara. En menos dun minuto xa estaba caendo o chuvasco máis intenso da miña vida. Metín todas as miñas cousas na maleta vermella, que aínda seguía na praia, e saín correndo cara ao meu refuxio. Cheguei empapado. Tiña moito frío pero non podía prender un lume xa que non había madeira seca, a miña mellor opción era cambiarme de roupa. 

Estivo chovendo o que para min foron dous días, ou non, realmente non sei canto tempo estiven alí metido pero foi un total aburrimento. Non tiña moita cousa que facer, durmín a maior parte do tempo e terminei o pescado que me quedaba antes de que podrecera. 

Levaba moito tempo só. Botaba de menos os meus familiares. Debuxeinos na parede e intentei falar con eles, pero foi moi incómodo. Era unha situación estraña, aínda non estaba tan tolo como para facer esas cousas. Nun intento para que o tempo pasara máis rápido, boteime outra sesta. 

Día 6 

Espertei no que eu creo que foi o meu sexto día na illa. Xa non chovía. 

Sinceramente, creo que tiven bastante sorte ata ese momento, ou ao menos dentro do que cabe, tendo en conta que literalmente quedei atrapado nunha illa deserta. 

Tomei un baño na cascada, despois collín a miña “lanza-tesoira” e fun ata a praia para intentar pescar algo. Polo camiño, ía recollendo paus para poñelos a secar e facer lume con eles pola noite. Estes colgábaos do meu cinto, que o fixen cos pantalóns que encontrei na maleta. 

Ese día tiven un accidente. Estaba subido a unhas rochas. De súpeto vin a un peixe a abalanceime para cazalo. Craveille a miña lanza pero este caeu da arma e no impulso por intentar collelo, perdín o equilibrio e caín para atrás. 

Debuxo de Manuela Díaz Real 

Rabuñei o brazo coa rocha. A ferida comezou a sangrar. Usei o meu pantalón, que ata agora usara como cinto, para tapar a ferida e parar a hemorraxia facendo presión. Miña nai! Nunca sentira tanto estrés na miña vida. O mellor sería lavar a ferida. Collín unhas follas dunha planta do bosque. Lavei a ferida e as follas na auga do mar, despois puxen as follas sobre o corte e as apertei contra a ferida usando o pantalón novamente. Tireime no chan e quedei un anaco deitado na area. Estaba moi axitado pola situación, menos mal que actuei rápido. Un anaco despois, aínda con dor no brazo, levanteime e recollín as miñas cousas, e os paus xa secos que recollera antes. 

Cando cheguei ao meu refuxio, levei unha gran sorpresa. Había un porco uliscando as miñas cousas, supoño que na procura de comida. Do asombro, deixei caer os paus que levaba comigo. O porco alarmouse e correu cara min. Eu intentei atacalo coa miña lanza pero do susto caín para atrás. Si, outra vez. Mas esta vez caín na auga e non me fixen tanto dano. Sen dúbida, ese non era o meu mellor día.

Prendín un lume e cambiei de roupa, o que levaba os primeiros días. Tiña fame xa que debido ao accidente non puiden pescar nada. 

Día 7 

No momento que escribo isto é o meu sétimo día na illa. Hoxe está sendo un día bastante tranquilo con respecto a onte. Pola mañá fun buscar máis follas para renovar a miña vendaxe e fun ata a praia.

Mentres pescaba, esta vez con máis coidado, encontrei algo de lixo na beira do mar. Encontrei unha botella sen tapón entre todos os plásticos. Pensei en usala para recoller auga mais non era necesario. Así que tiven unha idea: redactaría a miña experiencia nunha carta de auxilio. 

Usei as miñas camisetas como superficie para a mensaxe e cinza da fogueira como pigmento para escribir. Taparei esta botella con barro e algunha pedra pequena. Non sei se esta carta chegará a alguén, nese caso non sei se servirá para o meu rescate pero ao menos poderán contar a miña historia. 

Esta é a última parte onde escribo datos sobre min para facilitar o meu rescate: 

Chámome Camilo Díaz García, de Ourense e teño vinte anos. Supoño que a illa onde estou encóntrase no océano Atlántico, xa que eu viaxaba o nove de abril de 2022 ás catro da tarde de España a México. 

Por favor, non sei canto tempo poderei aguantar aquí. Auxilio! Por favor! E iso é todo. 

Tiven que facer algúns cambios con respecto á creación orixinal pero a historia é a mesma. Un saúdo e grazas por ler.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

CALIGRAMAS 4º ESO A

  Daniela Parga Verdía Bruno Otero Corral Paula Pérez Martínez Claudia Rodríguez Miraz Lucía Pérez Roca Zaira Ortega Calvo Pedro Saa Brantuas