domingo, 15 de novembro de 2020

SAMAÍN: O home do saco de patacas, Diego Vilela Quintela (4º ESO A)


Eran as 9 da mañá do sábado 31 de outubro, cando Lucas espertou. Os seus pais xa marcharan traballar, e quedaba el só na casa á que vai todas as fin de semanas. Era unha casa antiga de pedra perdida no medio do monte, que o seu pai herdara da súa nai. 

O seu pai reformou esa casa había xa máis de 2 anos, e na súa reforma escoitábanse berros de espíritos ou pantasmas da xente que vivira alí había moito tempo. A reforma atrasouse moito debido a diferentes impedimentos por culpa deses malos espíritos. Pero cando se acabou de reformar a vivenda, non se volveu escoitar ningún ruído estraño. Nunca ata ese 31 de outubro. 

Transcorría unha bonita mañá de outono, na que Lucas xa almorzara e xa fixera a súa cama. Despois, foi preparar uns pequenos detalles para darlle á casa un pequeno toque de medo, puxo unhas cabazas e tamén unhas candeas para a noite. Cando rematou, foi ata a horta a ver canto creceran as plantas cando el non estivo alí. De paso, apañou unhas poucas verzas para galiñas e mais para os polos, para que comeran tamén un pouco de verdura, e non tanto millo. Pero cando chegou ata elas, non daba crédito ao que estaba vendo, acababan de asasinar todas as galiñas que andaban por alí por fóra. Estaban todas sen tripas e sen a plumaxe, toda unha desfeita. 

Volveu á casa correndo, con moito medo claro, e chamou a todos os seus amigos que viven ao seu arredor para que fosen á súa casa a iso das seis da tarde, porque lles tiña que contar algo. Comezara a chover antes de que chegaran, seica foron correndo polas corredoiras ben rápido e se mancharan de lama. Ían todos con moito medo, e ao pisar a casa, caeu o primeiro raio. Foise rapidamente toda a luz da vila, e entón acenderon o lume. 

Comezáronse a escoitar pasos, golpes e ata algunhas voces de antigas cantigas. Todo este ruído viña do faiado. Cada vez se escoitaban máis forte, e, de súpeto, caeu o retrato do seu bisavó, unha pintura de había xa máis de 150 anos. 

Lucas decidiuse a coller o teléfono e chamar os seus pais, a pesar de que estaban traballando xa era tarde, e deberían estar xa de camiño. Cando comezou a marcar o número do seu pai, deuse conta de que non había nada de cobertura. Optaron por permanecer xuntos, e para esquecerse un pouco dos ruídos decidiron xogar a un xogo de mesa que trouxera Luís, un dos amigos, para divertirse moito. Cando ían xa pola metade da partida, escoitaron un berro de dor que viña do faiado e pedindo axuda. Ninguén sería o suficientemente valente para subir só. Entón decidiron ir todos ver que pasaba, e cando Luís pisou o primeiro chanzo da escaleira, quedou colgando cunha man na escaleira. Mentres, no faiado, comezouse a escoitar unha motoserra, e máis berros aínda. 

En canto sacaron a Luís da escaleira, botaron a correr da casa, e quedaron a observar se vían algo dende lonxe, detrás dunha pena ben grande. De súpeto, viron un home saír da casa, coa cara tapada cun saco de patacas. 

Fuxiron, ata que a Lucas se lle ocorreu a idea de coller unhas motos de montaña que tiña no garaxe, e entón achegáronse por aló. En canto se acercaron ás fiestras da casa, puideron ver ao home cun fouciño na man. O home deuse a volta e viu un dos rapaces na fiestra, e o home saíu fóra. Os rapaces estaban moi nerviosos subíndose ás motos, ata que non arrincaban. Nese intre foi no que apareceu o home co saco de patacas e…

Ningún comentario:

Publicar un comentario