domingo, 8 de novembro de 2020

O feminismo, Ainhoa Tages Rodríguez, 1º Bacharelato B

É un movemento social que pide para a muller o recoñecemento dunhas capacidades e uns dereitos que tradicionalmente estiveron reservados para os homes. 

O século XX foi o século das mulleres e da súa revolución. A súa incorporación na esfera pública e na política significou que a democracia fixera unha honra ao seu nome, aínda que a exclusión política, social e económica das mulleres e as relacións de desigualdade entre os sexos persistiron na maioría dos escenarios sociais. 

Por outra banda, o século XXI é un século decisivo para o avance histórico do feminismo na súa búsqueda dunha sociedade igualitaria, mesmo cómpre reivindicar o vínculo entre o feminismo e o pacifismo, xa que é unha relación que habilita as mulleres como construtoras de paz. 

Ademais, existen dous factores fundamentais que podemos ter en conta cando falamos do feminismo: en primeiro lugar, atópase a violencia de xénero, que pode considerarse como unha reivindicación moi urxente para cambiar a mentalidade das persoas en todos os países do mundo, a mellor forma de previla é comezando a educar aos cativos; en segundo lugar, atopamos a loita polos dereitos sexuais e reprodutivos, porque o aborto retrocede en moitas localidades e nalgunhas zonas nunca chegou a consolidarse. 

Por último, a intencionalidade do feminismo é a igualdade entre os dous sexos e, en concreto, o problema da violencia de xénero é moi importante na nosa sociedade e hai que intentar eliminalo poñendo mais axudas ás mulleres que o sofren cada día.

Ningún comentario:

Publicar un comentario