sábado, 7 de novembro de 2020

Os enganos da publicidade, Carla Pita Balín (1º Bacharelato C)

Dende que somos pequenos sabemos o que é a publicidade xa que está nas nosas vidas directa ou indirectamente, ela mesma defínese así: ¨difusión ou divulgación de información, ideas ou opinións de carácter político, relixioso, comercial etc… coa intención de que alguén actúe dunha determinada maneira, pense unhas ideas ou adquira un determinado produto¨. 

A súa propia definición dános a entender que a publicidade intenta controlarnos. A maioría das veces non o percibimos xa que isto é algo que se estuda, é dicir, analízannos. A publicidade dinos que o noso coche non serve, que está pasado de moda, que a nosa roupa é anticuada, que o teléfono móbil que temos é moi vello... de modo que nos crean a sensación de que necesitamos un determinado produto, aínda que ao mellor nuns momentos antes nin coñeciamos a súa existencia. 

Os anuncios ás veces aparecen en sitios onde non imaxinariamos que poderían estar, por exemplo, na escola: en marcas de cadernos, estoxos, ordenadores… ou cando imos ao oculista, ao supermercado, centro comercial… mais onde os vemos con máis claridade é cando miramos algo nunha páxina web é despois nos aparece publicidade sobre iso en internet ou nas redes sociais. En poucas palabras saben o que queremos cando o queremos, outro sitio onde se ve con claridade é na publicidade televisiva pero á mesma vez é a que máis nos engana, xa que está chea de Photoshop, slogans, música e imaxes… porén, a gran pregunta agora é: se a maioría da xente se dá conta desta estafa... por que o seguen permitindo? A resposta é breve e sinxela: débese ao diñeiro, estas son empresas que manexan presupostos enormes  e por iso as administracións as apoian e as promocionan, polo que estamos condenadas a ela. 

O único que podemos facer é non fiarnos de todo o que vemos na publicidade directa, xa que a maioría dela, por non dicir toda, está manipulada, e aínda que moitas veces non podemos evitar caer nela, xa que está creada para iso e a sociedade quere que sexa así, polo menos debemos ser conscientes disto e informarnos sobre o que temos preto e investigar, non quedarnos co primeiro que vexamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

HOMENAGEM A LUÍS DE CAMÕES