domingo, 15 de novembro de 2020

SAMAÍN: A casa de madeira, Pablo Cagiao Rodríguez (4º ESO A)

O único que se escoitaba nesa noite de verán era o soprar do vento. Xoán estaba á beira do río con Alba e Xavier. Era moi tarde cando escoitaron un berro. Un berro apagado, como se a persoa da que viña non tiña más forzas. Interesados polo berro, decidiron ir en busca del. 

Tras un curto camiño, chegaron a unha casa de madeira que nunca viran. Alba asomouse pola ventá pero non viu nada, estaba todo escuro. Decidiron entrar. Tras un anaco intentando abrir a porta, conseguírono. Prenderon a lanterna do móbil e empezaron a buscar. Xoán entrou na cociña seguido dos seus amigos. Había un coitelo ensanguentado e un cazo con auga fervendo. Xoán colleu o coitelo e xirouse para ensinárllelo. Decatouse de que non estaban. Preguntou por eles, pero non recibiu ningunha resposta. 

Atemorizado, Xoán avanzou ata o salón. Era un lugar bastante agradable. Había unha cheminea co lume apagado e as paredes estaban repletas de cadros. Os cadros non tiña nada en especial ata que viu un que o deixou sen fala. Nel representábase un neno moi parecido a Xoán no centro, detrás del había un home vestido con roupa escura e nas paredes había dous corpos cravados con finos troncos de madeira. O salón do cadro era idéntico ao no que estaba Xoán e as persoas cravadas parecíanse moito aos seus amigos. 

Despois de ver o cadro, Xoán non se podía mover, estaba morto de medo, aterrorizado, preguntándose porque razón tivo que meterse nesa casa. Despois dun tempo sen poder moverse, oíu unha voz xusto detrás del. Un calafrío subiulle polo corpo. Non podía entender o que dicía esa voz pero cada vez a oía máis e máis cerca. 

Xoán estaba a punto devolverse tolo. Desesperado, xirouse para ver o que había e para a súa sorpresa non había ninguén . Xoán relaxouse un pouco, pero cando avanzou uns pasos volveu escoitar o berro que escoitou no río. O berro parecía vir da cociña. Xoán xirou a súa vista cara alí, non sabía se ir ou non. Decidiu ir. 

Chegou á porta. Mirou cara o interior da cociña. Alí estaban os seus amigos, pero cravados na parede e sen cabeza. As cabezas estaban postas nun prato sobre a mesa e sentado nela, estaba o home do cadro.O home levantou a mirada a viu a Xoán. Xoán inmóbil, pechou os ollos esperando a súa morte. Despois duns segundos que se lle fixeron eternos, volveu a abrir os ollos e o home desaparecera. Ao ver iso, 

Xoán decidiu saír correndo. Xirouse para empezar a escapada e antes de que puidera dar un paso, a súa cabeza saíu rodando ata os pés do home.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

POSTAIS DE NATAL DA TURMA DE 4º ESO