- Está todo moi escuro e teño un frio criminal.
- Será un soño?
- Non sexas pasmón.. nos soños non se pasa frío.
- Tes razón… con todo, ti quen es?
- Quen cres que son?
- Pola voz consumidor habitual de Marlboro.
- Moi subidito andas ti para estar amarrado.
Mais o individuo tiña razón acabábame de confirmar as miñas suposicións pero precisaba máis información.
- E ti moi sobrado andas para non ter nin calefacción.
- (Agora veremos se me quere ter vivo ou acabo de fodela.)
- Está ben que rías… É do pouco que che queda, vas recibir goma.
- …
- (Quizais non estou nunha situación para facer chistes.)
Todo continou con normalidade os seguintes días, este ser tratabame extremadamente ben para ser un psicópata que me tiña encerrado no seu soto, o que me facía pensar o motivo polo cal me tiña alí. No tempo que levaba amarrado no soto deste psicópata só vin unha xanela que por algunha estraña razón se me facía moi familiar. O único estraño é que por algunha razón se facía de noite demasiado rápido.
- Toma tróuxenche a cea, saco de esterco.
- Grazas…
- Come todo.
Este día non tiña fame, pero fíxoseme moi raro que levara tantos días traendo comida e que nin me torturara nin me fixera nada polo cal queríame ter vivo e ben así que supuxen que pediría unha cantidade de cartos por min.
- ( Por que teño tanto sono? )
- Parece que a túa noxenta familia xa ten os cartos para pagar o teu rescate, polo cal vamos facer o intercambio, seguramente non entendas nada debido a que botei un poco de Rohipnol na cea para facilitar todo, tendo en conta que a única droga que consumiches na túa vida foi marihuana, estarás aturdido toda a tarde.
- Iso é o último que recordo do meu secuestrador. Polo que me contou a miña familia e a policía secuestroume un toxicómano para comprar droga, pero eu creo que é alguén que tiña unhas intencións determinadas e non era a primeira vez que o facía.
Miña nai non me quixo dicir como nin onde me atoparon.
E agora estou aquí contigo debido a que miña nai cre que estou tolo.
- Tranquilo, cativo, pódoche axudar coa túa adiccion ao THC e cos teus traumas.
- Cala, saco de esterco.
Microrrelato
Xa rematou Samaín, pero o corpo segue colgado da árbore...
Ningún comentario:
Publicar un comentario