martes, 3 de novembro de 2020

Por que non se erradica a fame no mundo?, Sofía Gómez Limia, 1º Bacharelato B

A fame no mundo ten solución, e cada vez hai máis xente que o sabe. Entón, por que non se soluciona? Se che preguntaran se podes solucionar a fame no mundo, seguramente a túa resposta sería que non hai suficientes alimentos para todos. Pero isto non é así. 

No relativo á fame, hoxe, contamos con coñecementos e estratexias que non imaxinariamos anos atrás: superalimentos para cambiar o mundo, creando unha cultura de autoabastecemento, reducindo os residuos alimentarios, mellorando a fertilidade agrícola da terra, empoderando a muller, comprando produtos de comercio xusto, doando a unha ONG ou facendo voluntariado e levando máis axudas ós contornos rurais…moitas solucións... unhas máis doadas de levar a cabo que outras. Porén, este ano, o número de xente que pasa fame incrementouse en 10 millóns e en 60 millóns no derradeiro lustro. O que creo que ocorre é que as grandes potencias non teñen vontade de que esto remate. E necesitan que haxa países con escasez de recursos para eles poder acaparar máis. 

En conclusión, creo que deberían decatarse de que se a fame desaparece, gañamos todos e comezar a pór en marcha as estratexias para solucionar o problema e crear unha repartición de recursos e educación máis xusta, independentemente do país.

Ningún comentario:

Publicar un comentario