domingo, 15 de novembro de 2020

SAMAÍN: O bosque, Lucía Vecino Mato (4ºESO A)

Era consciente de que non debería estar aí, a súa nai dixéralle claramente que non debía pasar polo bosque para chegar á casa da súa amiga. Máis aquilo non foi impedimento para a súa persistente curiosidade, aquela tan imprudente que lle obrigaba a estar alí. A entrada non era escura nin tenebrosa, pero non é ouro todo o que reloce.

Os paxaros cantaban e a luz do sol filtrábase levemente entre as árbores, ben se podería dicir que aquel bosque chamábaa, igual que levaba facendo dende que se mudaron nove anos atrás, ou poderíase dicir tamén que lle atraía a idea de desobedecer o ordenado. Dun modo ou outro as escusas escaseaban e non ía ser ela quen sairía buscalas. A pasos lentos e con cautela foise adentrando pouco a pouco. Segundo tiña entendido, polas veces que observara e rodeara o bosque, se continuaba camiñando en liña recta e sen desviarse do camiño podería chegar ao seu destino. 


Aínda tiña tempo xa que as súas dúas amigas e ela acordaran verse os días de ponte na casa dunha delas ás cinco, polo que tiña unha hora para atravesar o bosque se quería chegar a tempo.

A cada paso que daba, as árbores íanse espesando máis e máis, chegando ao momento que a luz do sol a penas podía albiscarse. Dado que segundo os seus cálculos atopábase a metade de camiño, e tendo en conta que lle sobraba tempo, decidiu sentar a descansar, camiñou un pouco máis ata ver un lugar adecuado, atopou, uns pasos máis aló, un enorme carballo e recostouse nas súas raíces, estaba moi relaxada e aos poucos segundos pechou os ollos.

Espertou axitada, non sabia ben o porqué, non lembraba ter ningún pesadelo nin oír algo que a puidese espertar, pero sentíase profundamente perturbada. O ambiente tranquilo e silencioso do bosque volveuse estrañamente ruidoso, mesturando de maneira estridente o son das ramas das árbores e o piar dos paxaros. Pronto ese sentimento de perturbación aumentou ao sentir a mirada de alguén, ou algo, sobre ela, mirou a todos os lados e non viu nada, e despois mirou o seu reloxo de peto, o cal indicaba que só quedaba cinco minutos para a hora acordada. eEtón botouse a correr. Cando xa pasaran sete minutos de carreira desesperada polo medio do bosque puido ver ao lonxe a casa da súa amiga, parou de correr e foise achegando, tocou a porta que non tardo en abrirse revelando o rostro das súas amigas, Helena entrou á casa e concluíu que o que sentira no bosque non fora nada importante, mentres ao lonxe unha sombra observaba como a súa próxima vítima entraba nunha casa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTREGA DE DIPLOMAS DE CERTIFICAÇÃO DO CAMÕES JÚNIOR

No dia de hoje fizemos entrega dos diplomas que acreditam a certificação B1 de proficiência em Português Língua Estrangeira aos alunos e alu...