luns, 16 de novembro de 2020

SAMAÍN: O bosque, Laura Novo González (4º ESO A)


Era o día de Samaín, Clara, Marco, Sabela e Carlos estaban no recreo da escola planenado que facer pola noite. Querían facer algo especial e relacionado coa festa que se celebraba pero non se lles ocorría nada.

-Todas as cidades teñen un sitio secreto, que case ninguén coñece, estes sitios que teñen unha historia que dá bastante medo e que se lle preguntas a alguén sobre el, estremecese. Poderiamos buscar o da nosa cidade, non?- dixo Carlos. 

- Carlos, ti o que tes é que ves moitas películas- aseguroulle Sabela. 

- Pode ser- riu Carlos. 

Mentres todos rían, acercóuselles unha nena un ano maior que estivera escoitando a conversación, e explicoulles que si había un sitio así moi preto de alí. Era un bosque, un bosque ao que nunca lle daba o sol, aínda que fose o día máis soleado de verán. Ela explicoulles que alí había un cemiterio, pero que nunca se viu un enterro que se dirixise cara alí e nin ela nin ninguén a quen ela coñecía tiña algún coñecido enterrado alí. Díxolles tamén que se te achegabas alí pola noite, entrada na madrugada, escoitábanse ruídos, como se alguén berrara. 

- E por casualidade o bosque non terá algunha historia que faga estremecerse?- preguntou Carlos moi intrigado. 

- Pois a verdade é que sí. Este bosque ten todo o que ti dixeches antes. Veredes. Unha vez, hai uns cantos anos, tamén nesta mesma noite de Samaín, uns nenos, que non eran de cidade, estaban paseando pero, como non a coñecían, acabron perdéndose, fixóselles tarde e xa ben entrada a noite, atoparon o bosque. Entraron e esa foi a súa perdición. Ese día os berros e golpes que se escoitan se te acercas ao bosque pola noite, escoitáronse en toda a cidade, como mínimo, pero ninguén soubo nunca de onde procedían. Os nenos desapareceron e nunca máis se soubo deles. 

Despois disto a nena foise sen dicir nada máis. Todos estiveran escoitando moi atentos e, simplemente por curiosidade, decidiron ir. Xa estaba atardecendo cando se puxeron en camiño, buscando ese bosque. Non sabían moi ben onde quedaba pero a nena díxolles que tiñan que ir ata os arrabaldos da cidade.Comezaron a camiñar, e camiñar, e camiñar sen atopalo. 

- Deberiamos volver, estase a facer tarde e aínda non o atopamos.- dixo Sabela 

- Non creo que faga falta, Sabela.- dixo Marco sinalando un bosque moi frondoso pero que si semellaba moi aterrador. 

- Pois entremos.- invitou Carlos, moi emocionado. 

A verdade era que os demais tiñan bastante medo. Entraron no bosque e comezaron a camiñar. Só levaban uns minutos cando escoitaron un ruído, como se alguén susurrara e tamén pasos. Decidiron ignoralo, non crían que fora nada importante. 

Camiñaron algo máis ata que Carlos dixo: - Non o ides crer! Atopei o cemiterio, estamos baixo del. Marco encendeu a lanterna do seu móbil e apuntouno cara abaixo. 

Efectivamente alí había un cemiterio pero moi estraño, xa que as lápidas non tiñan nomes nin nada e non había nin unha soa flor. De repente, volveron oír os pasos e esta vez xa non foi un susurro, senón un berro.

- Deberiamos volver, isto tenme moi mala espiña.- dixo atemorizada Sabela. 

- Si! Volvamos.- Marco tiña tantas ganas como ela. Comezaron a camiñar cara a saída pero unha sombra meteuse no medio do seu camiño. 

Caeron ao chan e antes de que puideran levantarse, esa mesma sombra, con forma estraña e que nunca chegaron a ver o que realmente era, botouse sobre eles. Esa noite, a noite de Samaín, nese cemiterio, situado no bosque ao que nunca lle daba o sol, apareceron catro tumbas máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTREGA DE DIPLOMAS DE CERTIFICAÇÃO DO CAMÕES JÚNIOR

No dia de hoje fizemos entrega dos diplomas que acreditam a certificação B1 de proficiência em Português Língua Estrangeira aos alunos e alu...