sábado, 7 de novembro de 2020

Nazis en España? Aitor Vigo Cruz (1º Bacharelato B)


O nazismo semella unha cousa doutro século, pero está máis cerca do que pensamos. O fascismo defínese como un movemento totalitario e autoritario no que o líder ten todo o poder, que rende culto á forza, e que usa os símbolos como as bandeiras e ideas como a patria para marcar unha diferenza entre eles e os demais: ou estás comigo ou estás contra min. Son partidos que rexeitan o sistema democrático, racistas, que odian o estranxeiro e as minorías étnicas, que defenden o imperialismo, e que usan os medios de comunicación e a educación para impoñer o seu pensamento usando a manipulación.

Quizais o nazismo non está tan lonxe como pensamos. En España hai un partido no que se rende culto ao líder, mostrándoo montando a cabalo, cunha camiseta do exército, ou cun casco en plan conquistador, e que defende o uso da forza apoiando a legalización do uso de armas por parte da poboación. Un partido que se apropia da bandeira de España, e que pensa que o importante é a defensa da patria, e non das persoas. Un partido que ameaza a deputados doutros partidos, como Aitor Esteban, do PNV, con ilegalizalos, e que defende no Congreso dos deputados ilegalizar a todos os partidos nacionalistas e, por que?, porque non pensan como eles. O mesmo partido tamén vetou no Senado unha declaración institucional antirracista, identifica os inmigrantes coa delincuencia, acosa aos que chama despectivamente MENAS, que non deixan de ser menores que están sós no noso país, nega a violencia machista e ataca as medidas a favor da igualdade do home e da muller. Ademais de todo isto, é o partido con maior proxección nas redes sociais, onde difunden mensaxes falsas: dous terzos dos seus seguidores nas redes sociais son “bots”, contas falsas compradas.

En consecuencia, Vox é un partido nazi. Espero que sigan os pasos do partido grego “Amencer Dourado” que rematou considerado unha organización criminal, e cos seus dirixentes no cárcere.

Ningún comentario:

Publicar un comentario