domingo, 29 de novembro de 2020

Debería ser legal a eutanasia?, Inés No Mosquera (1º Bacharelato A)

Antes de nada, que é a eutanasia? Esta palabra vén do grego, eu (que significa boa) e thanatos (morte); pero dende un punto de vista médico é o acto de provocar intencionalmente a morte dunha persoa que padece unha enfermidade incurable para evitar que sufra.

Agora, respondendo a pregunta principal, a eutanasia debería ser legal porque non ten sentido que alguén teña que ser castigado simplemente por quitar o sufrimento a alguén que de verdade así o quere, xa que se teñen dereito a vivir tamén o teñen de morrer voluntariamente e os que están en contra pensan que cos coidados paliativos xa non fai falla.

Tamén porque segundo as enquisas tanto a maioría da poboación como dos médicos están a favor e os últimos afirman que as peticións de eutanasia ou suicidio asistido non son excepcionais.

En terceiro lugar porque esta, aplicada baixo unhas normas adecuadas, pode ser unha práctica médica e eticamente aceptable xa que respecta a decisión propia.

Ademais a medicina non pode evitar a morte, pero si pode e debe evitar o sufrimento innecesario.

E por último, a súa legalización non significa que a obriga de practicala, senón que dá a liberdade de ter acceso a ela sen represalias.

Así como dato, a eutanasia só é legal en 6 países de todo o mundo: Colombia, Bélxica, Luxemburgo, Países Baixos, Canadá e no estado de Victoria en Australia, pero, por que non en España? Recentemente esta cuestión estivo presente debido ao caso de Ángel Hernandez e María José Carrasco onde María, enferma de esclerose múltiple, pediulle ao seu marido, Ángel, que a axudase a morrer, e como consecuencia o detiveron. Suponse que no 2021 sacarán unha lei que regulará a eutanasia e o suicidio en persoas maiores de 18 anos e tan só se son enfermos terminais ou crónicos graves que non sexan autónomos.

En conclusión, a eutanasia, que é o acto de axudar a alguén a morrer para que non sufra, está ben vista por cada vez máis xente que cre que si deberían ter ese dereito, pode ser unha práctica médica, e a súa legalización non supón unha obriga, só é legal en Colombia, Bélxica, Luxemburgo, Países Baixos, Canadá e no estado de Victoria en Australia e en España aínda está pendente.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

POSTAIS DE NATAL DA TURMA DE 4º ESO