Galiza leva moitos séculos sufrindo a perda da identidade galega. Dende hai moitas xeracións viuse unha diminución da lingua, tradicións e escrita do galego. A perda destes aspectos culturais non é só a perda dunha lingua, senón a perda da identidade de todos os galegos e galegas.
A morte da identidade persoal galega e colectiva non é un proceso novo, é un proceso que leva anos producíndose, cada vez máis rápido.
A nosa lingua, o galego, foi vista negativamente e desprezada deixando lugar para a invasión do castelán, considerada “lingua culta” e utilizada como mostra de superioridade ante os galegos falantes.
Moita xente nova ten medo a expresarse e utilizar a lingua propia natal do seu lugar de orixe. Prexuízos, insultos e desprezos ten que afrontar nestes tempos modernos, sobre todo coa presenza da tecnoloxía e dos aparatos tecnolóxicos, que tamén lle dan maior voz a creadores e creadoras que utilizan o galego nas súas redes sociais.
O esforzo por darlle máis vida a unha lingua desprezada é un esforzo común e unitario. Todos temos que achegar para fortalecer o galego como lingua oficial de España, pois todo o mundo ten o dereito de falar galego libremente sen vergoña ou culpa.
A recuperación da identidade galega é un proceso longo pero reconfortante que nos axuda a conectar coas nosas raíces e sanar os actos de violencia cometidos, incluso por galegos, contra a nosa cultura.
Por unha Galiza sen prexuízos e libre para construir a súa identidade persoal como nai matria de todos os galegos e galegas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario