A historia comeza presentándonos a Toni, o director dunha editorial, que vinte anos atrás mudárase á Coruña para afastarse da mala relación coa súa nai. O día seguinte da repentina morte do seu pai, a editorial estaba xa pechada e só quedaban Celia e Toni, algo habitual xa que os dous eran apaixonados de seu traballo. Celia estaba no posto do protagonista, cando recibe un mensaxe no correo electrónico a nome do seu pai, dicíndolle “fillo meu, tes ata as dez”. Nun principio Toni pensou en que era unha broma de mal gusto, máis tarde comezou a recordar uns xogos que facía co seu pai de neno mentres traballaba no Eco de Vigo, xornal dirixido polo seu pai. Estes xogos só os coñecían Toni mais o seu pai, así que non podía ser unha broma, por tanto Toni porase mans á obra para chegar ao fondo do misterio que descubrira segredos da vida dos seus pais. A través de correos electrónicos, cartas e pistas Toni descobre que o pai ten unha segunda vida, o motivo do odio da súa nai, e a autora das mensaxes que chegaban baixo a identidade do seu pai. Tamén descubrimos a historia recente de España e Galicia, e onde o presente se mestura co pasado.
Nesta novela Francisco Castro ofrécenos unha historia cargada de intriga e solucións inesperadas. Cando cres que as cousas se encamiñan cara un sitio, unha nova pista lévate a outro sitio distinto, para o lector, todos son sospeitosos, polo que Francisco Castro é un moi bo escritor de novela de intriga.
Na miña opinión, esta obra é
divertida e interesante e consegue somerxer o lector na obra. Cunha linguaxe
moi sinxela consegue que sexa fácil de entender, o que a fai máis entretida que incomprensible. Esta forma de escribir tamén cambia dependendo do momento
da historia, facendo a lectura máis intensa ou máis lixeira. Este libro ten unha boa trama, con moitos subtemas tamén interesantes,
o que fai que non te canses de ler todo o tempo o mesmo tema. Os personaxes son
persoas normais, con problemas normais, o que fai que o lector teña máis
empatía cos protagonistas. Este libro conseguiu algo que moi poucos fixeron, que queira ler sempre
un capítulo máis, e sempre me faga quedar coa intriga de que pasará. Outro punto
positivo do libro é que ten un final moi inesperado, o que reafirma que
Francisco Castro é un gran escritor de novelas de misterio. Sen ningunha dúbida, este libro gustoume moito e déixame con ganas de ler máis obras deste autor, un
libro moi recomendable.
Ningún comentario:
Publicar un comentario