No libro fala da Metamorfose de Ovidio, especificamente da metamorfose de dúas mulleres violadas, fai unha comparativa co sucedido ás dúas rapazas. Tamén recorre á mitoloxía, á historia de Medusa e Perseo.
Narra a historia destas dúas rapazas, como eran antes de ser violadas, sobre todo Sofía, xa que é quen o narra en primeira persoa: e como son as súas vidas despois da violación. Hai unha gran diferenza, dende o principio, emtre unha e outra. Sofía é apoiada en todo momento polos seus pais, mentras que os de Lupe non queren que denunie, prefiren o silencio á exposición pública. Isto é unha comparativa ca realidade. Hai moitas mulleres que non denunian estas agresións por medo á opinión pública, a ser xulgadas e pola falta de apoio do seu contorno. E as que o teñen aínda teñen que escoitar falar da súa vida privada, e ser culpabilizadas. A lei di que hai que amosar a culpabilidade para poder castigar, pero o que hai que amosar é a inocencia da víctima. Sempre hai quen di que a culpa é da muller por vestir de forma provocativa, algo moi recurrente no libro, ata a avoa de Sofía dille a súa nai que a culpa é de como viste e de que a deixa saír de noite.
Neste libro amósase a figura da muller ao longo da historia, que sempre tivo un papel inferior ao home, e como tiña que aturar a violencia no ámbito doméstico porque era considerado normal. O home tiña dereito sobre a muller. Antigamente moitos deuses violaban a mortais e éstas eran castigadas, como foi o caso de Medusa, e iso era porque pasaba na vida real. De feito, nalgúns países árabes son repudiadas ou castigadas, sendo culpa delas.
Este sentimento de inferioridade ou culpa é amosado tamén en Sofía, porque despois de ser violada deixa os zapatos no coche de Constantino e ten que camiñar descalza polo bosque e pensa que ese é o castigo polo sucedido, por non coller un taxi e subir no coche de descoñecidos. . A víctima pasa a ser culpable, sentimento de moitas mulleres que pensan que o acontecido é por culpa delas. O sistema patriarcal existente dende hai anos provoca esa sensación en moitas mulleres, que buscan un motivo no acto, motivo causado por elas. Outro exemplo é Rubén, que síntese culpable por non haber quedado con ela esperando ó taxi, coma se estando el, un home e forte, non lle pasara nada.
Sofía é xulgada, non só por como vestía, senón polo que escribía, a ela gustáballe a escritura e a principios de curso fixo un texto que a xente entendía como erótico. Cando estaban decidindo o castigo de Mauricio, parecía el a víctima e non ela. O único importante era amosar a súa culpabilidade, os indicios, máis que evidentes, non chegaban, pero , pola contra, si importaban os comportamentoss previos de Sofía, xa que o que escribía ou como vestía parecían feitos determinantes para que Mauricio actuara así. Volta a amosar a dificultade das mulleres, nun mundo gobernado por homes, e no que moitas mulleres tamén pensan igual. É un fiel reflexo da realidade. No libro plantexa moi ben estas cuestións.
Elvira, a nai de Sofía, está moi orgullosa dela, comparándoa cunha heroína, xa que é capaz de denunciar e soportar todo o que din dela, ser xulgada. Iso é o que fixeron moitas mulleres e grazas a iso conseguiron ser escoitadas e ser consideradas iguais cos homes (aínda que lles queda moito camiño).
No libro amósanse moitos estereotipos, xa que, ao fin, todos temos algúns. Sofía, cando Jessica lle conta o que sufriu de pequena, que fora violada polo pai de acollida e vive nun centro de menores, tamén pensa que non é coma ela, que alí hai xente desestructurada e que é máis normal. Ao fin todos xulgamos os demais, ninguén poder ver a outra persoa sen fixarse no contexto que a rodea.
Isto é reflectido por Rubén no contexto da violación, cando lle di que o peor non é o feito en sí, o físico, senón a presión social. O que a xente ve e o que se cree.
En España hai moitos casos como este, pero un dos máis sonados foi o da Manada. Un grupo de cinco mozos que violou a unha moza, roubándolle o móvil e grabando os actos. Esta rapaza denunciou e tivo que escoitar como algunhas personas dicían que fora culpa dela porque se metera nun portal con eles a consumir droga. Estes mesmos tamén violaron a outra moza nun coche e dixeron o mesmo dela, como estaba esa noite cun deles xa era culpable por ir con cinco mozos nun mesmo coche e besándose con un. Ao fin as víctimas son máis xulgadas que os culpables e elas teñen que amosar a súa inocencia e non ao revés. No libro sucede o mesmo, Sofía é xulgada por outros motivos que din que son os causantes do sucedido.
Pero tamén ten o seu lado positivo, créanse lazos de amizade, xente que as apoia de verdade e pelexa pola súa defensa. Os pais de Sofía, a directora do instituto (Teresa) e algúns dos seus compañeiros. Ao mesmo tempo narra como Sofía namórase de Rubén e como o seu apoio é definitivo para que siga adiante coa denuncia; ter alguén ao teu lado, de forma incondicional, fai que todas as cousas sexan mellor. Lupe tamén se namora de Vicenzo, o xinecólogo que as atende en urxencias, que é amigo do seu curmán. Cando ela retira a denuncia non quere velo, porque sinte vergoña de que non a vexa coma unha heroína, por ser unha cobarde. Amosa a importancia da presión social.
Outra cousa a destacar é que a nai de Pedro, o outro violador, escirbe unha carta pedindo perdón ás dúas rapazas. Ela quere ao seu fillo pero non xustifica o que fixo, sente vergoña polos seus actos; non como os pais de Constantino que ofercen cartos e piden que o seu fillo non teña o seu futuro marcado, porque consideran un pequeno erro e ten unha vida prometedora por diante. Como se dando cartos puideran arranxar o sucedido e que Sofía olvidara. Outra vez facendo ver o culpable como vítima, por non poder ter un bo futuro.
O libro remata cun texto escrito por algún compañeiro do curso das rapazas, non se sabe quen, no que narra a historia de Perseo, enviado a cortarlle a cabeza a Medusa. Déuse conta que o rei o mandou para así poder violar a súa nai; que xa fora violada tamén polo pai de Perseo. Ten que matar a Medusa, víctima dunha violación, que acabou sendo culpada. Cando a estaba matando, víase reflexado no escudo, en lugar de ver a cara de Medusa via a del, identificábase con ela. Ela fora castigada por ser violada, e el era fillo dunha violación e enviado a matala para así aproveitarse da súa nai. El había xulgado a Medusa como culpable, porque convertía en pedra á xente, pero era a víctima, como a súa nai; víase reflexado como asasino obrigado, ao igual que Medusa, sendo víctimas. Sofía tamén se identificaba con Medusa porque no instituto, ao principio, ninguén se atrevía a mirarlle aos ollos, por pena ou o que fora, o mesmo que Medusa, que non a podían mirar aos ollos porque convertiríanse en pedra.
O libro está moi ben estruturado, narra a vida anterior e posterior á violación de dúas rapazas. Sitúa aos personaxes, moi caracterizados e estereotipados, comparando coa realidade.
Como conclusión, dicir que o libro me gustou moito, á vez que me creou un sentimento de inxustiza. Dá rabia ver como son tratadas as rapazas, que non as crean e as fagan culpables polos seus comportamentos. Isto faime pensar nos prexuízos que temos, porque cando unha moza viste con vestidos apretados ou moi curtos todos pensan que querern provocar, e como ese pensamento “insignificante” pode chegar a convertirse nun arma letal. A presión social dirixe a vida dunha comunidade, porque non nacemos con prexuízos, senón que os aprendemos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario