mércores, 2 de marzo de 2022

A cabeza da medusa de Marilar Aleixandre, recensión de Xoel Lago Hermida (1º Bach A)

Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Así comeza esta historia chea de traxedias e criticas sobre se unha muller violada debería denunciar ou non á violación. Este relato está baseado no mito da cabeza de medusa. O mito conta como violan unha muller e como, por ser violada, a castigan a ela e non ao violador. 

Este mito fala dunha muller mortal moi fermosa. Tanta era a súa beleza que Poseidon queda namorado dela e este non para ata finalmente violala no templo de Atenea. Cando Atenea se entera séntese moi ofendida e castiga a muller facendo que lle medren serpes en vez de cabelo e converténdoa así nun monstro. Fanse moitas referencias a este mito na historia e gústame moito como utiliza o mito para ensinar a inxustiza que hai fronte ás violacións. A autora penso que ten un punto de vista máis ben inclinado cara ao lado de facer a denuncia e queixarse sobre a violación.

Na miña opinión e, aínda que non me gustou moito a libro, paréceme un tema interesante e difícil de tratar como o tratou Marilar Aleixandre na historia que relatou. Gústame moito como apoia a historia con referencias ao mito da medusa porque fai que se entendan algunhas cousas moito mellor e axuda a poñerse na pel das nosas protagonistas.

A miña personaxe favorita sen dúbida ningunha é Jessica debido a que ela, a pesar dos abusos que sufriu, axuda a comprender mellor esa realidade a Sofía sen poñerse triste e superando esa experiencia bastante traumática. Paréceme un libro fácil de ler e adecuado para calquera idade. Recomendaríao sen dúbida aínda que eu non o volvería ler.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

HOMENAGEM A LUÍS DE CAMÕES